Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

De confirmárense as informacións sobre os nomeamentos de secretarias/os xerais e delegadas/os territoriais prevista para mañá xoves no Consello da Xunta, o Presidente Alberto Núñez Feijóo nomeará a Marisol Díaz Mouteira como delegada territorial na nosa provincia.

De ser así, desde Anova Ourense consideramos que este nomeamento é unha absoluta falla de respecto ás/aos votantes xa que Marisol foi a cabeza de lista do Partido Popular pola provincia de Ourense e deputada desde hai menos dun mes.

A que foi a grande aposta de Feijóo pola provincia de Ourense non vai exercer o cargo co que se comprometeu nin 30 días, xa que o Parlamento Galego foi constituido o 21 de outubro e segundo parece, deixará nos próximos días o seu escano de deputada.

Desde Anova Ourense consideramos que non se lle pode tomar o pelo á cidadanía desfacendo a vontade popular que democraticamente decidiu o cargo que tiña que exercer Marisol Díaz Mouteira e non se pode empregar a administración de todas e todos como porta xiratoria para satisfacer os antollos, compromisos, promesas electorais e personalismos dos cargos do PP.

O PP sáltase desta forma a inelixibilidade como deputados das delegadas e delegados territoriais da Xunta de Galiza que estabelece a lei electoral galega facendo que cesen para buscar que lle rentúen os votos dun cargo que non se podería presentar para, inmediatamente, volvelo a nomear.

A hipocrisía demostrada polo PP é inmensa. Cesan como delegada territorial a Marisol para que non fora inelixíbel no Parlamento Galego un mes antes das eleccións. Preséntase como cabeza de lista da provincia e, agora que é deputada dimitiría para volver ao mesmo posto do que cesara tres meses antes.

O PP de Feijoo está constantemente bordeando a lei con estas actitudes. A este exemplo súmase o recente fichaxe da exconselleira Marta Currás por unha consultora despois de pilotar o desatino da fusión das caixas galegas.

A vontade do pobo á hora de escoller os seus representantes ten que ser respectada e non utilizar as designacións de cargos a dedo para premiar ou castigar aos membros do PP ou para burlar a Lei electoral.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

Domingo, 10 Septiembre 2017
Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

  Xulio Ferreiro conocía perfectamente los peligros del Amianto en el Colegio Ramón de la Sagra pero prefirió mirar para otro lado dejando el peligro permanentemente.  30.05.2017 | El presupuesto...