Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Segundo CCOO, os datos do emprego e desemprego do mes de outubro da provincia de Ourense, son tremendamente negativos: 873 novos parados e o 90% da contratación realizada é temporal e precaria

Ourense, 03/11/2016.- Ana I. Barrios López, Secretaria Xeral da Unión Intercomarcal Ourense-Valdeorras de CCOO afirma que a reforma laboral asentou as bases da precariedade no mercado laboral provincial”.

Segundo a sindicalista de CCOO, “en outubro o desemprego volve aumentar dramáticamente na nosa provincia” e concreta que “873 persoas perderon a súa ocupación incrementando de forma notable a lista desempregados e a contratación continúa sendo eventual e precaria, non baixando novamente do 90% as contratacións temporais formalizadas”.

Ana I. Barrios cualifica novamente de “demoledores” os datos e advirte que “na comparativa co mes de outubro de 2015, mes no que o desemprego xa aumentara en 727 persoas, agora, en outubro de 2016, o incremento de 873 é superior e indica que o camiño dramático da economía provincial que non muda de rumbo, abocados á precariedade e á probeza”

Derogación da Reforma Laboral

CCOO considera que a reforma laboral asentou as bases da precariedade estrutural no mercado laboral de do estado agravando especialmente e de forma dramática ás economías máis débiles como é a economía provincial que arrastra no tempo fondas debilidades estruturais. Os empregos precarios que se formalizan na provincia non xeran solvencia económica e os salarios, que seguen á baixa, arroxan aos traballadores e traballadoras a unha pobreza laboral dramática e cronificada.

Dende CCOO instan ao novo Goberno a que derogue a Reforma Laboral, poña fin as políticas de austeridade, recupere o poder adquisitivo dos salarios e das pensións e desenrole políticas activas para crear emprego estable e de calidade. Do mesmo modo, débese impulsar a recuperación económica no sector público póndolle fin aos recortes, devolvéndolle aos empregados públicos os dereitos usurpados e reforzando as ofertas públicas de emprego, para garantir un estado de benestar, protección e igualdade entre as persoas. A actual situación social e económica esixe poñer en marcha un novo sistema de protección dirixido, de xeito especial, ás persoas afectadas máis directamente pola crise e que non atopan traballo, vense en risco de pobreza e carecen de rendas.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...