Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
  • A través dunha carta aberta piden un pagamento centralizado no Estado e as Comunidades Autónomas e unha tarifa que lles garanta unha remuneración xusta polo uso das súas obras nestes espazos culturais.
  • O dereito a ser remunerados/as por este concepto recóllese na Directiva europea 92/100.

(A Coruña, 27/10/2016). Os/As escritoras/es e tradutoras/es, a través das principais asociacións que os/as representan, entre elas a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG, solicitaron nunha carta aberta unha mudanza na lexislación que regula o préstamo público dos seus libros, co fin de obteren unha remuneración xusta polo uso dos seus libros nas bibliotecas. No seu escrito propoñen, por unha banda, un pagamento centralizado a cargo do Estado e as Comunidades Autónomas; e, por outra, unha tarifa non simbólica que garanta unha remuneración axeitada, acorde coa doutros estados europeos. “Levamos case 25 anos sen unha normativa xusta, equilibrada e eficiente na materia”, explican.

Deste xeito, as entidades que subscriben a carta propoñen a aplicación real dun dereito dos creadores e creadoras tamén no Estado Español, mais sen que o goce dese dereito se faga repercutir nos usuarios deses servizos, senón en quen debe ter a responsabilidade de velar pola nosa cultura, e consecuentemente debe velar tamén porque aos creadores e creadoras se lles garantan unhas retribucións dignas e xustas polo seu traballo, que é a primeira pedra dun produto do que toda a cadea da industria cultural obten beneficios económicos.

O texto da carta aberta, que farán chegar ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e ás Consellerías de Cultura, é o seguinte:

 

Escritores/as e tradutores/as, por unha remuneración xusta para o préstamo público

 

Os/As escritores/as e tradutores/as temos recoñecidos a nivel europeo, en virtude da Directiva 92/100, o dereito a sermos remunerados/as polo préstamo dos nosos libros en bibliotecas e institucións similares. Con todo, este dereito non está a ser efectivo no Estado Español, o que supón unha clara discriminación respecto dos nosos colegas doutros estados da Unión Europea.

É preciso, a ese respecto, ter moi claro que esta remuneración se xera como consecuencia dunha excepción puntual ao dereito de autor/a, unha figura xurídica que podemos asemellar a unha especie de expropiación á propiedade intelectual dos/as creadores/as.

É a propia Unión Europea quen recoñece, por unha banda, que calquera esforzo creativo e artístico esixe uns ingresos suficientes que sirvan de base a novos traballos e, por outra, que só unha regulación axeitada permite garantir esta remuneración.

O certo é que a lexislación española non foi capaz de garantir esta remuneración e os/as autores/as e editores/as levamos case 25 anos sen unha normativa xusta, equilibrada e eficiente na materia.

No entanto, na maior parte dos países europeos levan máis de dez anos recoñecendo este dereito e aplicando políticas activas para que autores/as e tradutores/as reciban a remuneración que lles corresponde. A realidade no Estado Español é moi distinta: aprobouse primeiro unha lei e logo un regulamento que imposibilitan de feito que os/as autores/as reciban este pagamento. Primeiro, porque sitúa nos concellos a obriga de remunerar ese dereito, o que supón acudir a cada un deles a facer efectiva a remuneración (algo que, na práctica, o imposibilíta) e, en segundo lugar, pola escasa contía da mesma, máis de cen veces por baixo das de países como Italia ou Polonia e máis de mil respecto das de Francia ou Alemaña.

Cando desde todos os ámbitos está a exporse a necesidade de homoxeneizar a lexislación de tal xeito que iguale en dereitos á cidadanía dos distintos países da Unión, é un contrasenso a situación que os/as autores/as vivimos no Estado Español.

Por este motivo demandamos unha mudanza urxente na lexislación do noso estado para axeitala ao mandato europeo, co fin de que os/as autores/as sexamos remunerados/as xustamente polo préstamo público dos nosos libros.  Para iso propomos:

- Un pagamento centralizado a cargo do Estado e as Comunidades Autónomas, que se responsabilizarán da información.

-  Unha tarifa non simbólica que garanta unha remuneración adecuada, acorde coa doutros estados europeos.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...