investigación en mulleres galegas sobre o uso dos móbiles como instrumentos de inclusión social

XornalGalicia  20 Octubre 2016  1259 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

En colaboración coa School of Social Welfare da Universidade estadounidense de California (UCBerkeley) onde se atopa traballando cunha bolsa posdoutoral, a investigadora do grupo Gist-Idega da USC Yolanda García acaba de pór en marcha unha investigación experimental sobre o uso dos teléfonos móbiles como instrumentos de inclusión social de mulleres desempregadas de longa duración.
Para o traballo, a investigadora galega coordina un grupo interdisciplinar no que participan xeógrafos, enxeñeiros informáticos, traballadores sociais e psicólogos, que coa información acadada pretenden abrir unha reflexión sobre as vantaxes e limitacións deses instrumentos tecnolóxicos para as terapias psicosociais.
Os móbiles permiten superar os obstáculos de comunicación e con eles “podemos dar respostas inmediatas de atención psicoterapéutica a calquera persoa en calquera lugar, pero tamén a persoas con problemas sociais, de saúde mental, física u outras”, explica a investigadora. Ademais, apunta como outra virtude a diminución de custes ao reducírense os desprazamentos para a tradicional asistencia ‘cara a cara’ cos médicos, psicólogos e traballadores sociais. De feito, o equipo está desenvolvendo xa aplicacións informáticas automáticas que abaraten esa atención aos servizos públicos sociais.
Mais a pesares destas vantaxes, Yolanda García e os profesores A. Aguilera (Universidade de California), Carlos Ferrás (USC) e A. Rocha (Universidade de Coimbra) comprobaron recentemente a escaseza de investigacións con persoas vulnerables, coa particular excepción dos estudos desenvolvidos en Estados Unidos, onde a utilización destas tecnoloxías ten lugar no ámbito do traballo social e non só no da psicoloxía clínica.
25 galegas vulnerables Precisamente será unha metodoloxía e tecnoloxía aplicada na Badía de San Francisco (Estados Unidos) coa que traballe o equipo no estudo empírico que agora comeza cun grupo de 25 mulleres vulnerables en Galicia que foron seleccionadas aleatoriamente nun proceso complexo aprobado polos Comités de Bioética da UCBerkeley e da USC. Na investigación colaboran tamén a Consellaría de Familia e Benestar Social e os servizos sociais dos concellos de Brión, Ames, Teo, Rois, Santa Comba, Ordes, Cerceda e Padrón aos que pertencen as mulleres. 
O estudo parte de análises de datos cuantitativos e cualitativos cos que se deseña unha terapia biosicosocial que se traduce nun envío sistemático de mensaxes ao teléfono cunha frecuencia e intensidade concreta. E xa hai resultados. “A investigación en marcha estanos demostrando a importancia do acompañamento e consello diario para a modificación da conduta”, explica García.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

Sábado, 06 Enero 2018
@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

  Para os incrédulos o alcalde da Coruña, converteuse en presidente da Empresa Municipal Augas da Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro onde A"atesoura de forma oculta á cidadanía" tesouros públicos en...