Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Carracedo, no centro, entre Bueno e dun dos organizadores da xornada, en Veterinaria

O catedrático da USC Ángel Carracedo, recoñecido entre outros méritos pola súa capacidade para divulgar a ciencia, abriu este venres na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC o programa de relatorios da xornada ‘Primeiros pasos na ciencia’, un foro promovido a iniciativa dun grupo de estudantes de doutoramento no Campus Terra da USC e no que participan preto dun centenar de investigadores de doutoramento nas tres universidades galegas.

 

A exposición de Carracedo, que se desenvolveu baixo o título ‘Pescando xenes’ e á que, ademais de estudantes e novos investigadores, tamén se sumaron varios docentes, deu pé a unha intensa xornada de traballo durante a que estudantes de doutoramento presentaron e expuxeron traballos e proxectos de investigación de “altísima calidade”, segundo subliñou Izaskun Ibarguren, vice decana da Facultade de Veterinaria de Lugo, na inauguración desta xornada.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, e o presidente do grupo de Divulgación Científica de Galicia e coordinador da xornada, Pedro A. Castrillo Arias, tamén participaron no acto de benvida ofrecido a todas as persoas inscritas para tomar parte neste foro de intercambio de coñecemento e promoción da ciencia..

 

Este evento, organizado coa pretensión de favorecer a creación dun foro acaído para que os investigadores noveis poidan presentar os avances das súas investigacións, contribúe  ademais a crear novas redes de contacto que favorezan a posta en valor da colaboración científica interdisciplinar, segundo se puxo de manifesto na sesión inaugural. Daquela, en aras a avanzar na colaboración entre diferentes ámbitos ou especialidades científicas, o programa desta xornada inclúe a presentación de comunicacións orais e de pósters, cuxa temática abrangue desde liñas básicas de experimentación, ciencias experimentais, tecnoloxía, ciencias da saúde e mesmo cuestións propias das ciencias sociais e das Humanidades.

 

O programa deste foro científico prolongarase en quenda de mañá e tarde e rematará cara as 19.00 horas, cun acto de clausura durante o que se procederá á entrega de premios aos autores/as das comunicacións orais e dos pósters que acaden unha valoración máis alta por parte dos congresistas presentes.

Outras imaxes

Novos investigadores asitentes á xornada 'Primeiros pasos na ciencia'

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

Despois de varias reunións, a última o martes 16 de maio, o Concello da Coruña comprometeuse a alterar os pregos de condicións da licitación pública do servizo de mantemento dos...