Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O persoal de Seaga, que está a desenvolver unha campaña de mobilizacións contra a precariedade laboral no servizo de extinción de incendios forestais, fíxolle hoxe un ofrenda floral ao Apóstolo Santiago para reclamarlle “axuda divina” ante o abandono por parte dos responsábeis da Xunta de Galiza. Os traballadores/as, que desenvolveron unha manifestación polas rúas de Santiago antes de levantar a acampada que mantiñan dende o luns en San Caetano, tamén lle agradeceron ao Apóstolo “que non houbese ningunha desgraza durante a tempada de lumes a pesar do caos existente no dispositivo”.
 

Arredor dun cento de empregados/as da empresa pública Seaga participaron ao mediodía na marcha a pé que arrincou do campamento instalado diante dos edificios centrais da Xunta en San Caetano. Tras percorrer as principais rúas do centro histórico, a comitiva achegouse primeiro até a Praza do Obradoiro e despois até Praterías, onde foron recibidos polo deán da catedral.

Unha delegación do persoal integrada por representantes dos comités das catro provincias accederon ao interior do templo relixioso acompañada por responsábeis da CIG-Servizos, co secretario nacional, Paulo Rubido á cabeza. Unha vez alí trasladáronlle a problemática laboral que padecen ao representante da Igrexa católica e a continuación realizaon a ofrenda floral ao Apóstolo Santiago.

Segundo explican dende a central, con este acto reivindicativo pretenden solicitar “axuda divina” ante o abandono por parte da Consellería do Medio Rural e da propia Xunta, “ademais de agradecer que non tivese sucedido ningunha desgraza durante a tempada de incendios a pesar do caos existente no dispostivo de extinción”. Unha vez rematada a ofrenda, os participantes na mobilización regresaron a San Caetano para xantar, tras o que procederon a levantar o campamento no que permaneceron 24 horas diarias dende o pasado luns.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

Lunes, 14 Agosto 2017
Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

El gobierno de la Marea Atlántica a cortado más del 50% de las inversiones a favor de los vecinos de A Coruña y sus recurso, desviando el otro 50% a...