Máis sombras e sospeitas sobre o proxecto mineiro de Corcoesto, na Comarca de Bergantiños

XornalGalicia  21 Abril 2016  1976 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Amigos da Terra lonxe de estar en desacordo coa decisión final da Xunta de Galicia de impedir a posta en marcha do monstruoso e perigoso proxecto mineiro aurífero de Corcoesto, queremos deixar constancia de que non podemos entender como nun primeiro momento o ente autonómico puido aprobar un DIA (Declaración de Impacto Ambiental) a un proxecto que a todas luces suporía un monumental impacto ambiental e paisaxístico sobre toda a comarca de Bergantiños. Un risco de todo intolerable.

O impacto sería especialmente significativo sobre o río Anllóns e a ría de Corme, sobre os que penduraría a espada de Damocles dunha balsa tóxica xigante, semellante ás que desataron as catástrofes de Aznalcollar, en Doñana, ou a máis recente e terrible de Bento Rodrigues, no Brasil, que é a última dunha longa lista de desastres que exterminan ambiental, social e economicamente os territorios afectados.

Demandas legais e os acordos transnacionais.

Agora todos os galegos e galegas estamos expostos a demandas legais polas que os promotores esixan millonarias indemnizacións que finalmente se pagarían cun diñeiro público de toda a cidadanía galega debido ao inicial desacerto na xestión autonómica.
Si o marco legal actual ten moitas fendas, o cero é que a situación podería ser moitísimo máis grave de estar en vigor tratados internacionais como o CETA, da UE con Canadá, equivalente ao TTIP que a UE está a negociar cos EE.UU. Estes acordos protexen as inversións das transnacionais dos cambios na lexislación dos estados, de xeito que prevalecen os seus intereses e, no caso de verse afectados por cambios na regularización (como foi o caso do cambio da normativa autonómica en materia mineira despois de que a promotora de Corcoesto adquirira os dereitos mineiros), poderían percibir enormes compensacións económicas que, como sempre, acaban pagando as contribuíntes.

Corruptelas

As recentes informacións aparecidas nos medios de comunicación acerca de presunto tráfico de influencias e corrupción no entorno do goberno galego ao respecto deste caso, poñen de manifesto que a salvagarda de intereses ambientais e sociais está a expensas de criterios arbitrarios que poden ser aproveitados por certas tramas corruptas, e que necesitamos mellorar os mecanismos legais que deben de protexer o interese xeral da conservación do medio ambiente e o uso sostible e responsable dos recursos naturais.

En función dos indicios que se apuntan nos medios de comunicación sobre corrupción neste caso “Amigos da Terra solicitará á Fiscalía unha exhaustiva investigación desta presunta trama. Pediremos que estenda as súas pescudas ata a aprobación da, máis que cuestionable, Declaración de Impacto Ambiental de 2012 por si esta puidera xa terse visto condicionada ou influída como parte da presenta trama corrupta” apuntou hoxe Ángel Dorrío, voceiro da organización.

O Alcalde de Cabana de Bergantiños usa os cartos públicos para pagar letrados a empresa mineira de Corcoesto denuncian os perxudicados

Denuncian que o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo utilizou os mesmos métodos de extorsión que Mans Limpas e Ausbanc na concesión minera de Corcoesto

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...