|
| | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se establece o programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL)
A inserción sociolaboral por medio destas empresas vai dirixida, entre outras, a persoas con discapacidades, que estean en proceso de rehabilitación ou mulleres vítimas de violencia de xénero
|
|
A Consellería de Traballo, que dirixe Ricardo Varela, achegará ao longo deste ano un millón de euros para fomentar o acceso ao emprego de persoas en situación ou risco de exclusión social. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se establece o programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e se procede á súa convocatoria para 2008.
De acordo con esta orde, poderán ser beneficiarias das axudas as entidades promotoras das empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral -unha vez estean cualificadas e rexistradas como tales na Dirección Xeral de Promoción do Emprego- coa finalidade de facilitar o acceso ao emprego de colectivos desfavorecidos. Tamén poderán acceder a estes incentivos aquelas empresas que solicitasen a súa cualificación como empresa de inserción laboral, aínda que neste caso non poderá procederse ao pagamento da axuda en canto non obteña esa cualificación.
A inserción sociolaboral por medio deste tipo de empresas vai dirixida a persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social. A efectos desta orde serán factores exclusión, entre outros, a discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou a enfermidade mental en graos que dificulten a súa inserción laboral común. Tamén se inclúen a condición de persoa en proceso de rehabilitación e socialización normalizadora; a condición de inmigrante ou emigrante retornado cando se presenten especiais dificultades de integración no mercado laboral; a condición de persoa sen fogar; a procedencia de institucións de protección ou reeducación de menores; a condición de muller vítima de violencia de xénero; ou a pertenza a determinadas minorías étnicas.
Ademais, poderán ser beneficiarias da inserción laboral a través das EIL as persoas que estean percibindo a renda de integración social de Galicia, as perceptoras das axudas a vítimas da violencia de xénero xestionadas pola Comunidade autónoma, ou as persoas desempregadas que leven inscritas na oficina de emprego de forma ininterrompida durante dous anos, ou durante máis de 12 meses no caso dos maiores de 45 anos.
Contratos subvencionables
Os contratos entre os traballadores en situación ou risco de exclusión social e as empresas de inserción laboral deberán formalizarse por escrito, de acordo con calquera das modalidades de contratación existentes na normativa laboral vixente. En canto á súa duración, non poderá ser inferior a 12 meses nin superior a 24. Ademais, a xornada acordada non poderá estar por debaixo do 50% da establecida no convenio colectivo de aplicación. Con carácter previo ao contrato, a persoa seleccionada, a empresa de inserción e os servizos sociais deberán subscribir o convenio de inserción
Tipos de axudas
O programa de incentivos ás empresas de inserción laboral establece 6 tipos de axudas:
• Subvención pola contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social: a contía máxima das axudas será o 50% do salario mínimo interprofesional mensual por cada traballador, que se reducirá proporcionalmente á duración da xornada. A abeiro desta orde subvencionaranse as mensualidades correspondentes aos contratos existentes ou formalizados desde o 1 de setembro de 2007 ata o 30 de setembro de 2008.
• Subvención pola contratación de xerentes ou técnicos: para a contratación dos xerentes ou técnicos necesarios para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira da empresa de inserción, poderá concederse unha axuda equivalente ao 50% dos custos laborais totais, incluídas as cotizacións á Seguridade Social por todos os conceptos, calculada sobre 24 mensualidades. Esta subvención terá como límite máximo a contía de 18.000 euros
• Subvención pola contratación de técnicos en orientación e acompañamento á inserción: será equivalente ao 50% dos custos laborais totais, incluídas as cotizacións á Seguridade Social, calculada sobre 24 mensualidades. Terá como límite máximo, por todas as contratacións, a contía de 18.000 euros.
• Subvención pola realización de labores de mediación laboral: subvencionarase á empresa de inserción laboral cunha axuda de 6.000 euros pola incorporación indefinida á empresa ordinaria dun traballador en proceso de inserción xestionada pola EIL. Se o contrato subscrito é de carácter temporal e ten unha duración inferior a dous anos e superior a 6 meses, a subvención reducirase de forma proporcional. Tamén se concederá unha subvención de 6.000 euros á EIL que asesore, apoie e acompañe un traballador en proceso de inserción na súa iniciativa de autoemprego individual.
• Subvención financeira: ten por finalidade facilitar o emprego mediante a redución dos xuros dos préstamos para financiar investimentos en activo fixo, concedidos polas entidades que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo. Esta axuda, pagadoira dunha soa vez, será como máximo o equivalente á redución de 6 puntos do xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo, sen que en ningún caso o xuro que deba satisfacer a entidade beneficiaria poida resultar inferior a un punto. A contía máxima desta axuda non poderá ser superior a 3.000 euros por emprego creado ao abeiro desta orde.
• Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal: poderán beneficiarse desta axuda as EIL de nova creación, ou as que amplíen o seu cadro de persoal creando novos empregos para persoas en proceso de inserción. A contía será do 60% do custo total dos investimentos en activo fixo que se realicen e xustifiquen no ano 2008. O importe máximo determinarase en atención ao número de postos de traballo ocupados por persoas en proceso de inserción e será de ata 12.000 euros por posto.
En todo caso, as axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento do emprego. Ademais, os beneficios establecidos á contratación non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60% do custo salarial anual correspondente ao contrato que se subvenciona. Os incentivos serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en ningún caso, poidan superar os límites establecidos pola UE.
Nota: Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas finalizará o 30 de outubro de 2008. As solicitudes e os anexos do programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo: http://traballo.xunta.es
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
Buscador y Directorio Xornal Galicia
|
Xornal
Galicia | Diario Dixital de Galicia | Toda la Información
noticias y Actualidad las 24 horas Grupo Indice de Comunicación con presencia en más de 40 paises y 24 idiomas, Noticias, actualidad, directorios, buscadores, entretenimiento todo lo que necesitas de la red Recordar este sitio · · Concellos de Galicia · ¿ Titulares ?
Del Mundo
Enviar esta noticia a:

¿ Que e esto ?
Noticias directas en tu Web o en tu Móvil
|
|
|
|
 |
| |
|