GOLFIÑO VARADO NO RIO EO

Información
04 Enero 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 301 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Golfiño EO 3

Recíbese unha alerta, por parte da policía Local de Ribadeo, dun golfiño común varado dentro da acea do muíño das Aceñas no río Eo, a máis de 3 km do mar.

A Rede de varamentos de Galicia, xesionada pola CEMMA, activou un operativo no que participaron: Gardería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, persoal do Equipo 2 de TRAGSA Asturias/Galicia, membros e embarcacións do Clube de Actividades Subacuáticas Illa Pancha de Ribadeo e membros da CEMMA, todos eles dirixidos polo equipo veterinario da Rede de varamentos.

Coa marea alta concentráronse os equipos na zona, de moi difícil acceso, evacuando ao golfiño nunha primeira fase fóra da area a nunha segunda fase ata a boca da Ría cunha embarcación.

Antes de ser liberado na boca da Ría, e durante o período de aclimatamento na beira da praia, o golfiño fixo un ademán de saír a augas máis profundas e desapareceu. Finalmente, despois de buscalo pola zona non foi localizado polo que pensamos que, diante do seu mal estado de saúde, non sobreviviu indo para o fondo. Dada a alta turbideza do río non foi novamente localizado. Agradecemos a todos os participantes no operativo e o esforzo realizado.

A Rede de Varamentos de Galicia conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica, mediante o proxecto Revargal que é financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), e co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.