Rexistradas as firmas para avalar a ILP en defensa dos montes comunais

Información
23 Noviembre 2022 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 2432 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image
  • A pesar do chamamento da  Organización Galega de Comunidades de Montes a buscar consenso e admitir a trámite a ILP en defensa do monte veciñal para logo ser debatida no Parlamento, o Partido Popular aplicou o seu rodillo parlamentario e votou en contra.


O presidente da ORGACCMM, Xose A. Pereira, interviu hoxe na sesión plenaria do Parlamento para solicitar aos grupos parlamentarios que favorecesen co seu voto a tramitación da Inciativa Lexislativa Popular para unha nova lei de Montes Veciñais que defenda ás comunidades de montes galegas. A pesar do chamamento e de que só se trataba de admitilo a trámite para posterior debate o PP votou en contra e impediu así que se debatera no Parlamento galego, desprezando as miles de persoas que firmaron e avalaron a iniciativa lexislativa da veciñanza comuneira.

Na súa intervención, a representante do Partido Popular deixou claro a súa pretensión de privatizar os montes veciñais galegos para entregarllos de balde para o seu expolio.

O presidente da ORGACCMM reafirmou na tribuna que as Comunidades de Montes imos resistir a este novo ataque contra o monte veciñal.