O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia visita mañá a Cidade da Xustiza de Vigo

Información
23 Noviembre 2022 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 2880 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, visitará mañá a Cidade da Xustiza de Vigo para comprobar, de primeira man, como se está desenvolvendo o traslado dos xulgados, que comezou a finais do pasado mes de outubro. Polo momento, están instalados na nova sede os dous órganos do contencioso-administrativo; dous xulgados de primeira instancia, así como o de reforzo; tres do social; un penal; e o xulgado do mercantil.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañará ao presidente durante o seu percorrido polas instalacións co obxectivo de que coñeza as primeiras impresións e as posibles necesidades dos xuíces e xuízas que xa traballan na Cidade da Xustiza. O xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, tamén estará presente na visita.