Información
Galicia

Resgate de 7 tripulantes em naufrágio de embarcação de pesca

Información
06 Julio 2018 440 votos

Esta madrugada o Centro de Coordenação de Busca e Salvamento da Marinha coordenou a operação de busca e salvamento dos 7 tripulantes da embarcação de pesca portuguesa Draco. O naufrágio da embarcação de pesca de Leixões ocorreu cerca das 4h30 desta sexta-feira a 30 milhas náuticas (55,6 Km) da costa entre Leixões e Aveiro.

Información
Galicia

RC Celta elixe Galicia para realizar a súa pretempada

Información
06 Julio 2018 1062 votos
 
 

A Madroa, A Toxa e Portonovo acollerán ao equipo vigués durante a súa preparación

A conta atrás para a volta ao traballo do primeiro equipo comezou. Os xogadores regresan este luns 9 de xullo ás instalacións deportivas da Madroa para iniciar unha pretempada na que Galicia será a gran protagonista.

O CONSELLO COMARCAL DO BIERZO IGNORA O IDIOMA GALEGO NO SEU PORTAL DE INTERNET.

O coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo informa que o Consello Comarcal do Bierzo vén de presentar o seu novo portal en internet (www.ccbierzo.com). Con abraio e indignación temos comprobado que non xorde para nada a lingua galega. Unha vez máis esta institución comarcal ignora a presenza do idioma galego no Bierzo ocidental. Os bercianos galegofalantes sentímonos ofendidos por este trato discriminatorio por parte dos políticos dirixentes do ente comarcal.

A PROTECIÓN LEGAL DO GALEGO DO BIERZO.

A empresa UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock)/Consultoría Natutecnia, SL con contrato prorrogado ata o 2019 para un helicóptero coa súa brigada na base ourensá de Toén (Distrito Forestal XII) tivo durante o día 25 de xuño un aparato Bell 412 con matrícula EC-KUV, un B3 con matrícula EC-LBV e a maiores aterrou na base un helicóptero super puma MK2 con matrícula G-REDM que permaneceu na base ate o día 27 de xuño mentres o persoal da empresa estaba revisando o citado aparato.

Ante a nova pechadura de camas hospitalarias ditaminado pola Conselleria de Sanidade a partir de primeiros de Xullo, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar:

A CIG vén de dirixirse á Dirección Xeral de Ordenación Forestal e mais á Subdirección Xeral de prevención e Defensa contra incendios forestais exixindo que as brigadas helitransportadas de Vilamaior, o Campiño e Marroxo, con persoal propio da Xunta de Galiza, teñan dunha vez helicóptero.

Lembra que xa nas últimas campañas denunciou que no período de precampaña –nos meses de primavera anteriores ao verán- ou xa entrado o verán, como neste caso, estas brigadas non contan con helicóptero malia estar conformadas por “bombeiros/as forestais cunha amplísima experiencia están sen helicóptero, mentres que nas bases con persoal privado si dispoñen de helicópteros”.

Denuncia que se limita, deste xeito, “debido á inoperancia da Xunta, a capacidade operativa das e dos bombeiros forestais helitransportados da Xunta de Galiza, nestas brigadas que son claves pola súa rapidez no primeiro ataque ao lume”.

Por iso reiteran a demanda de que se dote dos helicópteros correspondentes, en toda a temapada activa ás brigadas helitransportadas da Xunta de Galiza.

https://www.google.es/search?q=rosa+quintana+ianer+xornal&oq=rosa+quintana+ianer+xornal


De esquerda a dereita, David González, Pablo Cabanelas, Héctor Álvarez e Dolores Cortina. Foto: RQ

Un equipo do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) rematou na USC a construción dos primeiros módulos do detector CALIFA, un novidoso calorímetros capaz de detectar simultaneamente partículas cargas e radiación gamma cubrindo un rango enerxético sen precedentes. O detector construído nas instalacións da USC iniciou este luns viaxe cara as instalacións do centro FAIR (Facility for Antiproton and Ion Research) de Darmstadt onde serán probados nas primeiras campañas de toma de datos do centro nos próximos meses e algunhas das cales liderará o equipo da USC.

FAIR é o novo centro de investigación internacional para o estudo da estrutura e propiedades da materia visible que forma o Universo. Como explica a profesora e coordinadora do equipo da USC Dolores Cortina, o centro estará equipado cos máis potentes aceleradores de antiprotóns e ións pesados do mundo e constrúeo un consorcio internacional de países que contribúen a financiar o seu custe, próximo ao 1.500 millóns de euros.

Os socialistas galegos esixen a renuncia da Valedora do Pobo por “responsabilidade política”, á vista da sentencia do TSXG que constata “desvío de poder” e “arbitrariedade” no nomeamento da irmá do voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy.

sergaslistascamufladasCCOO denuncia a falacia coa que a dirección de enfermería fundamenta a súa coartada para xustificar a redución de persoal na unidade de obstetricia  (6ª planta do Hospital Materno)

Segundo informa CCOO, a sexta planta do hospital materno está dotada de 24 camas para atender prepartos, postpartos, césareas ou calquera outra patoloxía derivada do embarazo e, ata o dia 1 de xuño, contaba cunha plantilla de 8 enfermeiras e 7 Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermeria (TCAE)

CCOO denuncia que, a partir do pasado dia 1 de xuño, aproveitando o período vacacional, a dirección de Enfermería do CHUO, plantexou unha redución de persoal, pasando a quedar soamente 5 enfermeiras e 5  TCAEs, implicando isto que, en cada quenda de traballo de mañá, tarde ou noite, quede de servizo tan só unha enfermeira e unha TCAE, provocando esta medida, segundo sinala, Puri Paradale -da sección sindical de CCOO do CHUO-, “o rexeitamento tanto do persoal coma das centrais sindicais pois, consideramos que, o persoal dispoñible, é claramente insuficiente para atender con calidade ás nais e aos recén nacidos”,

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!