Información
Noticia destacada de Galicia

A mala xestión do PPdeG na Xunta facilitou que as granxas de Galiza perderan 66 millóns de euros

Información
Galicia 23 Enero 2019 367 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

As granxas de Galiza perderon 66 millóns de euros en 2018 por cobrar o leite por baixo da media europea

  • O prezo medio de 31,9 céntimos que perciben as explotacións galegas sitúase ao nivel de Bulgaria, Romanía, Hungría, Lituania, Portugal e Eslovaquia, moi lonxe da media de 35,56 céntimos na UE ou dos 35 céntimos de Asturias

  • El PSdeG denuncia trato de favor

  • al hijo de la conselleira de Mar

  •  

    El hijo universitario de la conselleira de Mar logra subvenciones como ganadero

  • As industrias néganse a repercutir a alza de prezos dos lácteos e ofrecen nos novos contratos subas de só 1 ou 1'5 céntimos, que son revisións á baixa se temos en conta factores como a suba dos custes de produción ou a inflación

O diferencial existente entre o prezo medio do leite na Unión Europea e na Galiza supuxo para as nosas granxas unhas perdas de 66 millóns de euros en 2018, o que dá unha media de 5'5 millóns de euros por meshttp://xornalgalicia.com/#sdfootnote1sym">1. Isto acontece por termos un dos prezos máis baixos da UE, cunha media de 31'9 céntimos en novembro de 2018, segundo os últimos datos publicados polo Fondo Español de Garantía Agraria (Fega).

Se comparamos o prezo medio do leite na Galiza con outros países e rexións produtoras, o panorama é desolador. Só hai sete países na Unión Europea cuxo prezo medio baixe dos 32 céntimos: Bulgaria, Romanía, Hungría, Lituania, Letonia, Eslovaquia e Portugal. No outro extremo dos prezos estarían algúns dos principais produtores de leite da UE, cun prezo medio en novembro de 2018 de: Irlanda (39'04 céntimos), Holanda (37'25 céntimos), Italia (37'08 céntimos), Alemaña (37'16 céntimos), Austria (38'68 céntimos), Bélxica (35'69 céntimos), Dinamarca (37'93 céntimos) ou Franza (36'73 céntimos).

Metendo no mesmo saco os 28 países da UE, o prezo medio do leite comunitario en decembro de 2018 foi de 35'87 céntimos (de 36'06 céntimos en novembro). Ese prezo medio está moi preto do que se paga na veciña Asturias, onde as granxas cobraron unha media de 35 céntimos por litro en novembro de 2018. Esta bonanza dos prezos do leite en boa parte da Unión Europea explícase polo incremento do valor da manteiga, que se mantivo en valores que van dos 4'5 € aos 6'5 € por quilo durante os anos 2017 e 2018. A tendencia é que isto siga así e que, polo tanto os prezos do leite suban.

As industrias aceleran a sinatura de contratos para pechalos por baixo das subas no sector

Porén, dende o Sindicato Labrego Galego estamos a constatar que as industrias non teñen pensado repercutir a revalorización do leite nas granxas, polo menos non segundo o incremento de beneficios que elas están a recadar. En distintas comarcas, soubemos de distintas industrias que están acelerando a sinatura de contratos antes do vencemento dos vixentes e antes de que os prezos suban máis a nivel internacional. Nas súas ofertas, ofrecen incrementos moi pobres, en torno a 1 e 1'5 céntimos. Se temos en conta a suba nos custes de produción e o aumento do valor do leite nos mercados internacionais, ese cativo aumento pódese considerar como unha revisión dos contratos á baixa.

Dende o Sindicato Labrego Galego non podemos máis que expresar a nosa indignación coas industrias, por forzar a que Galiza siga no furgón de cola de Europa en canto a prezos; e tamén a nosa indignación coa Consellaría de Medio Rural, que segue totalmente despistada sen facer absolutamente nada diante desta situación.

Por todo o devandito, esiximos que Medio Rural convoque aos axentes do sector nunha nova Mesa do Leite para debater estes temas e esixir das industrias que repercutan no prezo do leite das granxas galegas as subas que se están a experimentar dende hai meses en toda a Unión Europea. Tal e como está o mercado na actualidade, o prezo medio do leite na Galiza non debería baixar dos 35 céntimos para achegarse á media comunitaria. E pagar por baixo dese prezo, coñecendo as cotizacións no mercado lácteo, é estafar a través da extorsión dos contratos ás nosas granxas.

Imagen de la noticia para ortega o valiño xornal de Xornal Galicia

Una granja en ruinas, ubicada en Ordes y de la que apenas quedan ...

Xornal Galicia-10 jun. 2018
La otra finca de Ganados Ortega, la ubicada en el lugar de O Valiño (Ordes), que en rigor es la que podría haber pasado por la nueva ...
Imagen de la noticia para ortega o valiño xornal de Xornal Galicia

La biografía de la Conselleira de Medio Rural en la Xunta tiene más ...

Xornal Galicia-12 ago. 2018
... Marcos Luis Ortega Quintana para construir una granja de Xatos en O Valiño en Ordenes, sin cumplir los requisitos para la subvención, que ...

Ángeles Vázquez Conselleira de Medio Rural, autoriza una ...

Xornal Galicia-16 jul. 2018
... Bastabales Brión www.ganadosortega.com y en O Valiño en Ordes otra de ... Marcos Ortega Quintana no tenía la licencia municipal que fue ...

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...