Información
Noticia destacada de Galicia

DENUNCIAN QUE A CRTVG DEIXOU O “CONTROL REMOTO DA MANIPULACIÓN INFORMATIVA” EN MANS DO "PPDEG" NO GOBERNO GALEGO

Información
Galicia 05 Noviembre 2018 142 votos

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, Noela Blanco, sinalou hoxe que os orzamentos “raquíticos” do ente público para o próximo ano constatan o interese do goberno galego por “manter o control remoto da manipulación informativa”. Así o dixo na comparecencia do responsable do ente na Comisión de Orzamentos do Parlamento para presentar as contas previstas para o ano 2019.

Blanco criticou a escasa ambición dos orzamentos par ao próximo ano, nos que a Xunta tan só aumenta a súa aportación nun 3 por cento, menos da metade do incremento medio, mentres prevén unha caída nos ingresos previstos por publicidade. Sinalou que estes resultados ratifican “moito interese de Feijóo en manter o control remoto dos informativos pero case nada en ter uns medios públicos de calidade, innovadores e que cumpran como servizo público”.

 

A responsable socialista lembrou que a actual dirección acumula xa 24 “venres negros” en protesta pola manipulación informativa e reivindicou o cumprimento da Lei de Medios Públicos de Comunicación. Lembrou que a norma establece a designación do presidente da CRTVG por maioría cualificada no Parlamento, así como a elaboración do Estatuto Profesional e a constitución do Consello de Informativos.

Noela Blanco reivindicou uns medios públicos de comunicación “ambiciosos” e competitivos para facer fronte ao contexto actual de “durísima competencia audiovisual” a nivel internacional. Reclamou aproveitar a capacidade tecnolóxica do ente autonómico para conformar uns medios públicos innovadores, fronte á xestión actual que “non para de perder calidade e de gañar inestabilidade laboral”.

Manipulación

A responsable socialista esixiulle ao presidente da CRTVG que “pida desculpas” polo caso de “manipulación informativa en directo” que viviu a última Comisión celebrada na Cámara autonómica que foi interrompida por un colaborador do ente sen identificar, unha situación que suscitou unha queixa ante a Mesa do Parlamento.

Reclamoulle ao presidente da CRTVG que “recoñeza a manipulación informativa” ao presentar unha falsa “detención” do tenente de alcalde de Lalín e omitir o arquivo da denuncia dos informativos da TVG. A noticia sobre esta falsa “detención” permaneceu durante un ano na web da CRTVG, ata o preciso momento en que os socialistas a sinalaron o pasado mércores.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi