Información
Noticia destacada de Galicia

O despilfarro dos cartos públicos non encontran freo nen parangón ao encargar unha pérgola con cascada na reforma da Praza dos Volcáns de Coia xusto diante dos "despreciados dos servicios sociais polo Concello de Vigo"

Información
Galicia 18 Octubre 2018 544 votos

O Concello de Vigo iniciou esta semana a reforma da Praza dos Volcáns de Coia, situada entre a Avenida de Castelao e a rúa Tomás Paredes, para humanizar toda a zona e incluír na obra novas instalacións, como unha cascada e unha pérgola que costa mais de 450.000 euros.
Os servicios sociais e no teléfono de información municipal, nada saben dos cheques que anuncia o alcalde nos medios de comunicación.
O goberno local reconfigurará todo espazo existente aproveitando a construción do novo carril bici. Tal e como explicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a zona estaba bastante deteriorada, con fontes que sofren constantes perdas de auga, polo que se levará a cabo un investimento de 500.000 euros.



Segundo explicou Caballero, se actuará desde o cruce con Tomás Paredes ata ven avanzada a Avenida de Castelao, coa instalación dunha cascada desde unha pérgola-ponte acristalada, así como a formación dun volcán en pezas de cerámica en cor, estilo Gaudí, cos seus correspondentes mecanismos de auga.

Praza do Emigrante
Ademais, o alcalde avanzou a renovación da Praza do Emigrante, no outro extremo da Avenida de Castelao, xa na Praza de América. A actuación manterá as pistas deportivas e parques infantís existentes, que tamén se mellorarán e suporá a continuidade do carril bici. Ademais, o proxecto vai continuar coa remodelación da Porta do Atlántico, para que se poida atravesar a praza, cruzando a glorieta, tal e como a concibiu o autor.

O rexedor destacou que serán instalados bancos continuos de diferentes formas e lonxitudes, simulando as ondas do mar e renovarase a pavimentación. O obxectivo é mellorar a funcionalidade como zona de espera dunha das paradas de autobús con máis usuarios da cidade. Estas obras, que arrancarán o mes que vén, contan cun orzamento de 450.000 euros.

Fronte aos titulares nós padecemos a crúa realidade. Os números dos que non fala o alcalde son que das 2950 solicitudes, algo máis de 1000 ficaran fóra destas axudas. Alén dos números, o que nos alporiza é ollar como dende o goberno frivolizan coa nosa miseria. Esta mañá acudiron unhas veciñas ao punto. Tan preocupadas como alporizadas, preguntaban se tiñamos novas sobre a resolución do cheque social. Escoitaran hai unha semana as verbas do alcalde dicindo que ían iniciar o pagamento dos mesmos. Nos servizos sociais e no teléfono de información municipal, nada sabían.
 
Seica que para os que mandan 7 días sen saber nada duns centos de euros non son problema. Porén para aquelas que ficamos sen recursos suficientes para iniciar e rematar os meses, unha semana é demasiado tempo. En moitas asembleas e xuntanzas preguntámonos canto tempo serían quen de aguantar Caballero ou Feijóo cos 400 € dunha RISGA ou dunha Pensión Non Contributiva.
 
Temos dito que medidas como o “cheque social” ou a RISGA lonxe de sacarnos da miseria, afóndannos máis nela. Lonxe de mudar as condicións que orixinan a nosa desposesión, fixan e lexitiman estas políticas de “mal reparto”.
 
Fronte a deriva asistencialista, privatizadora e recortadora das políticas sociais da cidade, esiximos dereitos sociais fortes que garantan unha vida digna para todas. Abonda xa de facer negocios coa nosa miseria e de criminalizarnos polo feito de seren empobrecidas.
 
Seguiremos na loita pola Renda Básica das iguais e moito máis!


Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi