Información
Noticia destacada de Galicia

Norvento considera a derrogación do imposto ao sol un paso crave cara á modernización do sistema energético destruido polo PP

Información
Galicia 05 Octubre 2018 1097 votos

Presentacion Plan Expansion Gas Natural en Galicia GNF

 

"o PP 'mente' cando di que é xuridicamente inviábel unha tarifa eléctrica galega"..

Norvento, compañía española de tecnoloxías renovables con alta especialización en autoconsumo industrial e xeración distribuída, considera a decisión tomada hoxe en Consello de Ministros para a derrogación do peaje de respaldo ao autoconsumo eléctrico, máis coñecido como imposto ao sol, un paso crave no avance cara a un sistema energético moito máis moderno e competitivo, e á vez un acelerador do papel das renovables na modernización da nosa economía e a loita contra o cambio climático.

 

 O dereito a autoconsumir, tanto a nivel individual como de forma compartida, e a expansión da xeración distribuída con tecnoloxías renovables cambiará o xeito en que entendemos o uso da enerxía e o seu papel na industria e no conxunto da sociedade. Ademais dunha modernización do sistema, a xeración distribuída ten un gran potencial como dinamizadora da economía española propiciando a aparición de novos sectores auxiliares, novos modelos de negocio e xerando emprego.
 
 Manuel Pinilla, Director Comercial de Norvento e Doutor en Ingeniería Eléctrica, afirma: ?acollemos con satisfacción esta decisión, pois supón eliminar unha importante barreira non só para o noso negocio en fotovoltaica, senón para o resto de tecnoloxías renovables coas que traballamos, especialmente a eólica e biogás, que tamén está xogando un papel cada vez máis importante para o autoconsumo industrial.

Despois de que o portavoz do Partido Popular, Pedro Puy,  manifestara no Parlamento de Galiza que unha tarifa eléctrica galega é “xuridicamente inviábel”. Unha declaración que para o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, é de especial "gravidade" porque é “falsa” toda vez que tanto a lexislación como os servizos xurídicos da propia cámara din o contrario, asegura.


Carril lembra que o artigo 3 da Lei 7/2015, de 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá de Galiza establece que “quedan excluídas da iniciativa lexislativa popular as non atribuídas á competencia da comunidade autónoma”. Sinala que xa para que a ILP por unha tarifa eléctrica galega puidera ser admitida a trámite polo Parlamento tiña que cumprir ese requisito e que ademais, e a petición do propio Partido Popular, tivo que pasar até en tres ocasións máis polos servizos xurídicos da cámara. “En todas dixeron que si era competencia e así llo lembramos cando nos entrevistamos con eles hai unha semana”, afirma.


Por iso o secretario xeral da CIG denuncia que o PP non só descoñece as súas propias leis e por iso “mente”, senón que ademais renuncia a gobernar en e para Galiza. “Cando non hai competencias, non as pide e cando si as hai, non as exerce”. A modo de exemplo apunta o “escándalo” da AP9, cunhas peaxes abusivas que agora se anuncia que aínda se incrementarán máis, en concreto un 3,1%. “O PP renunciou a reclamar a transferencia de competencias sobre a autoestrada nun exercicio máis de submisión aos ditados de Madrid, sen importarlle as consecuencias que isto ten para as galegas e galegos”.


Xunto a isto sinala que nin sequera aceptou a proposta que lle fixo a CIG hai unha semana para que, tomando en consideración as achegas realizadas por todos os grupos parlamentarios, a ILP se convertese nunha lei con tres piares fundamentais: o establecemento de medidas para garantir a enerxía como servizo público para o desenvolvemento económico e industrial de Galiza;  o recoñecemento da enerxía como dereito universal de todas as persoas ao benestar social e a aprobación dun plano de medidas para o fomento do aforro e de eficiencia no consumo enerxético. “Non ten interese nin vontade”.


Anula a vontade popular
Diante disto Carril denuncia a actitude antidemocrática do PP por anular a vontade popular expresada a través dunha ILP, renunciando así a que as galegas e os galegos poidamos beneficiarnos dos nosos recursos. “Non ten interese nin vontade”, afirma.


Lembra ademais que en xaneiro de 2016, cando se debateu a ILP no Parlamento de Galiza, o PP avalou a súa aceptación a trámite xunto co resto dos grupos parlamentarios. Por iso conclúe que “está matando o Parlamento como expresión da vontade popular. Convérteo nun Parlamento de cartón”.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi