Información
Noticia destacada de Galicia

O Sergas utiliza os ambulatorios para festas xustificando que o ambulatorio de Oímbra acolla un chiringuito gastronómico

Información
Galicia 06 Agosto 2018 6670 votos

pementosnoscentrosdesaudeparadisfrutedosaltoscargosdoPP

SURREALISTA, estan morrendo doentes por falta de asistencia nos centros de saude (HOME FALECIDO NO PAC DA ESTRADA SEN ASISTENCIA MÉDICA)  e o PPdeG na Xunta pecha os centros do Sergas que pagamos todos para montar festas gastronómicas que inauguran altos cargos do PP...a degustar "gratis" pementos e líquidos espirituosos que en outros actos electoralistas chamanlles "DROGAS"

A CIG de Verín denuncia que o Sergas xustifica a celebración da Feira do Pemento de Oímbra no centro de saúde deste concello ourensán argumentando que as instalacións pechan durante a fin de semana e que o evento gastronómico non se fai en zonas asistenciais. A resposta do departamento autonómico chega despois dos requirimentos da central para intentar evitalo.

O PSdeG ESIXE Á FEIJOO QUE ASUMA A RESPONSABILIDADE DO TRATO DUN HOME FALECIDO NO PAC DA ESTRADA SEN ASISTENCIA MÉDICA

O Goberno do PPdeG na Xunta esta deixando morrer xente nos mesmos centros de asistencia sen médicos ,converténdose en responsable político ante as familias dos falecidos.

 

Unha vez que a CIG se puxo en contacto co Sergas e co Concello de Oímbra a fin de evitar que se utilicen as instalacións do ambulatorio municipal para celebrar a festa do pemento, a Xerencia do departamento autonómico acusou a central de “partidismo” e de “crear alarma social”, argumentando que nas fins de semana o centro sanitario permanece pechado e que a degustación deste produto local non se fai en zonas asistenciais.

Dende a CIG amósanse moi críticos/as coa resposta do Sergas e rexeitan que “para agochar o inxustificábel se nos intente vender unha realidade falsa, como é que a degustación non se celebraría en zonas asistenciais”. Segundo indican, abonda con observar as fotografías da festa celebrada en anos anteriores [e que acompañan esta información] para constatar que a Xerencia “falta á verdade ou, o que é o mesmo, utiliza a posverdade para deformar a realidade, agás que considere que todo o mundo é parvo e, aínda, cego” .

Na CIG pregúntanse se non sería máis lóxico que o Sergas abrise o centro de saúde nas fins de semana en lugar de organizar festas nel

En canto ás acusacións de “partidismo”, lembran que non é a CIG a que leva a políticos do PP a degustar “pementos e líquidos espirituosos” aos centros de saúde, nin tampouco é a central a que utiliza argumentos “tan alucinantes” como que o ambulatorio de Oímbra pecha durante as fins de semana. “É obvio que pecha as fins de semana, porque a poboación os sábados e os domingos non enferma e, por tanto, non precisa de centros sanitarios, preferindo que estes se dediquen á celebración de festas gastronómicas”, ironizan.

Diante disto, pregúntanse se non sería máis lóxico que o Sergas optase por abrir o centro de saúde nas fins de semana, en pleno verán, en lugar de organizar festas nel. Finalmente, anuncian que estudarán as accións que caiba exercer contra esta decisión da Xerencia do Sergas.

Gonzalo Caballero advirte da "gravidade" do sucedido e recorda que os socialistas xa denunciaran a falta de persoal deste centro no Parlamento

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu á Xunta que asuma a responsabilidade tralo falecemento dun home no PAC da Estrada sen asistencia médica e reclamoulle que rectifique as súas políticas.

Trátase, segundo recalcou o líder dos socialistas galegos, duns feitos "moi graves" dos que teñen que derivarse "explicacións oficiais" sobre os motivos polos que non había persoal facultativo abondo no centro a pesares das reclamacións dos socialistas.

E é que, despois de amosar o seu pesar por este falecemento, Gonzalo Caballero recordou que esta falta de recursos humanos xa fora denunciada polos socialistas tanto no Parlamento como no concello da Estrada.

"É un exemplo da falta de aposta pola sanidade pública da dereita", censurou o secretario xeral, quen puxo o foco en que, á vista do tamaño da Estrada, tanto por número de habitantes como por dispersión, debería ter un segundo equipo médico.

Neste escenario, os socialistas galegos rexistrarán iniciativas para esixir explicacións á Xunta, para que detalle cantos médicos están traballando durante o período estival nos distintos PAC e centros de saúde e para que se corrixa a situación.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi