Información
Noticia destacada de Galicia

OS SOCIALISTAS RECLÁMANLLE Á CONSELLEIRA DO MAR QUE EXPLIQUE O PRESUNTO TRATO DE FAVOR PARA CONCEDERLLE AXUDAS EUROPEAS A UN FAMILIAR

Información
Galicia 10 Julio 2018 1932 votos

OS SOCIALISTAS RECLÁMANLLE Á CONSELLEIRA DO MAR QUE EXPLIQUE O PRESUNTO TRATO DE FAVOR PARA CONCEDERLLE AXUDAS EUROPEAS A UN FAMILIAR

Loli Toja sinala que “debe garantirse a igualdade de oportunidades no acceso ás subvencións”

 

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 18. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamoulle hoxe á conselleira de Pesca que explique o presunto trato de favor para concederlle axudas europeas para unha granxa de Ordes do seu fillo. Así o dixo na comparecencia da conselleira para dar conta das demandas propostas por Galicia de cara á reformulación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca –FEMP-.

A responsable socialista urxiu á conselleira a explicar esta situación no Parlamento e, apuntou, “a Xunta debe garantir que houbo o mesmo trato para todas as persoas solicitantes e demostrar que non houbo irregularidades”.

apuntou que a dita granxa figura como beneficiaria de axudas no 12 de xaneiro a pesares de que incumpre co requisito de contar con licenza municipal, polo que houbo un presunto trato de favor. Ademais a Xunta non contestou a solicitude de documentación demandada por escrito. Advertiu que “todo conduce a que non se revisaron as condicións para a concesión de axudas ao fillo da conselleira, e polo tanto houbo un claro trato de favor”.

Preguntou se, con estes antecedentes “poden os galegos e galegas confiar en que vostede xestiona os fondos europeos de maneira xusta, velando porque se cumpran os requisitos para todos e todas”. Preguntou se “realmente vostede merece confianza para xestionar os fondos europeos cando permite o uso indebido para beneficiar a un familiar”.

Fondo Europeo de Pesca

Toja reclamoulle hoxe á conselleira que defenda “un fondo de pesca específico e accesible para aplicar á política pesqueira común para garantir a sustentabilidade da pesca no noso país”. Ademais reclamou “un plan de selectividade a fin de evitar descartes, reducir a carga financeira da obriga de desembarque e facilitar o seu cumprimento do rendemento máximo sustentable”.

Apuntou que a Política Pesqueira Común é competencia exclusiva da UE “e polo tanto os fondos financeiros que se poñan a disposición deben ser suficientes para poder alcanzar os ambiciosos obxectivos establecidos no Regulamento de base”. Dixo que “o Brexit non pode utilizarse como escusa para reducir o financiamento futuro”, e reclamou “maior claridade” para o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca na tramitación das axudas.

Ademais, sinalou que “faise necesario medidas para garantir que o Fondo Europeo de Pesca posterior a 2020 se execute dunha maneira máis rápida e flexible e menos burocrática, sen atrasos que sigan prexudicando á programación dos fondos”. Reivindicou tamén “negociar coa UE para que se revisen e simplifiquen os procedementos que eliminen as trabas burocráticas relacionadas coa execución” dos fondos.

El hijo universitario de la conselleira de Mar logra subvenciones como ...

https://galicia.economiadigital.es/.../el-hijo-universitario-de-la-conselleira-de-mar-logr...
 
7 jun. 2018 - El hijo de Rosa Quintana, que cursa la carrera universitaria en ... ha logrado incluso subvenciones de la Xunta sin disponer de licencias de ...

Xornal Galicia - El Hijo de Rosa Quintana, usa el sello IGP de origen ...

https://xornalgalicia.com › Galicia › Noticia destacada de Galicia › hoy
2 jul. 2018 - El Hijo de Rosa Quintana, usa el sello IGP de origen protegida de ... DE SUBVENCIONES PÚBLICAS DE Medio Rural Xunta de Galicia a las ...

Presunto trato de favor da Xunta al hijo da conselleira do Mar, Rosa ...

https://www.21noticias.com/.../presunto-trato-de-favor-da-xunta-a...
Traducir esta página
Presunto trato de favor da Xunta al hijo da conselleira do Mar, Rosa Quintana. 08/06/2018 21 Noticias Deje un comentario. A portavoz de Pesca do Grupo ...

El PSdeG exige a la conselleira do Mar que aclare el "presunto trato ...

https://www.20minutos.es/.../psdeg-exige-conselleira-do-mar-que-aclare-presunto-trat...
8 jun. 2018 - ... del PSdeG Loli Toja ha exigido a la conselleira do Mar, Rosa Quintana, ... aclare el "presunto trato de favor" a su hijo en ayudas de la Xunta.

El PSdeG ve irregularidades en la concesión de ayudas al hijo de ...

cadenaser.com › Radio Galicia
8 jun. 2018 - La Xunta niega que haya existido tráfico de influencias porque el ... de subvenciones al hijo de la conselleira de Mar, Rosa Quintana.

Polémica por una ayuda de Medio Rural al hijo universitario de la ...

www.campogalego.com/.../polemica-por-una-ayuda-de-medio-rural-al-hijo-universita...
8 jun. 2018 - Un hijo de la conselleira do Mar, Rosa Quintana, que tiene 21 años y ... de trato de favor por parte de la Xunta al hijo de la conselleira do Mar.

El hijo universitario de la conselleira de Medio Rural logra ... - Menéame

https://www.meneame.net/.../hijo-universitario-conselleira-medio-rural-logra-subvencion...
10 jun. 2018 - El hijo universitario de la conselleira de Medio Rural logra subvenciones ... etiquetas: rosa quintana , xunta , galicia , medio rural , corrupción.


Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi