Información
Noticia destacada de Galicia

Denuncian abuso de autoridade e a persecución e abusos do Presidente de Portos a Comisión de Festas de Carril

Información
Galicia 20 Junio 2018 1481 votos

 

Foto: Rosa Quintana autora de nombrar al Sr Duran Presidente de Portos de Galicia, convirtiendo a la entidad en la mayor enemiga del litoral de Galicia en sus ataques enacervados contra todos los ciudadanaos, un comportamiento propio del "modus operandi" mafioso del PP segúnmnaifiestan por todo el litoral y al que "debería poner freno" antes de que surja un verdadero conflicto social.

As comisións de festas de Carril piden a mediación do alcalde ante os “abusivos” requisitos de José Juan Duran Pte de Portos de Galicia. Os “abusivos” requisitos impostos por Portos de Galicia para permitir a celebración de eventos nos terreos do seu dominio fan perigar a celebración das festas do Apóstolo, de San Fidel, San Roque de Carril e o Ameixa Rock. Así o manifestaron os representantes das tres comisións na reunión que mantiveron esta mañá co alcalde, Alberto Varela, para informarlle da situación, expresar a fonda preocupación existente na localidade carrilexa e pedirlle que medie ante Portos para que o organismo flexibilice as duras normas.

O rexedor solicitou hoxe mesmo unha entrevista co presidente do ente autonómico, José Juan Durán, a efectos de trasladarlle o exposto polos colectivos.
19.06.2018.- Intranquilidade e malestar é a palabra que define o estado dos organizadores destes tres importantes efectos de Carril porque, debido aos escasos orzamentos e medios cos que contan para organizar as súas festas, vense incapaces de cumprir todas as esixencias que Portos de Galicia puxo en vigor o pasado mes de outubro.

A maiores do farragoso procedemento que teñen que cumprir, entre a longa lista de requirimentos atópanse con que teñen que pagar a taxa de ocupación dos terreos portuarios nos que tradicionalmente se celebran estas festas e outros impedimentos loxísticos como o da prohibición de facer conexións eléctricas nas liñas de subministro desas zonas portuarias. Pero o que máis abusivo consideran os organizadores dos eventos, segundo lle informaron al rexedor, é a fianza que teñen que adiantar como garantía de posibles danos e que é unha suma mínima de 3.000 euros, da que carecen xa que todos os ingresos dos que dispoñen case non dan nin para cubrir as actividades das celebración, o seguro e os demais gastos.

A preocupación dos representantes das comisións súmase á da cidadanía en xeral que temen que debido a estas esixencias de Portos de Galicia, Carril poida perder as súas festas tradicionais e tamén o festival de rock, que pese a ser de recente creación, foi medrando en relevancia en cada edición e actúa como un importante elemento dinamizador e de atracción de público xoven e doutros municipios.

Dado o escaso marxe de tempo que queda para a celebración das festas –as do Apóstolo, San Fidel e Virxe de Cortegada son en pouco máis de un mes, San Roque en Agosto e o Ameixa Rock a principios de setembro- o alcalde de Vilagarcía, tratará de entrevistarse canto antes do presidente de Portos.
 



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi