Información
Noticia destacada de Galicia

120 alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación participan no espectáculo "Museo"

Información
Galicia 14 Junio 2018 1781 Votos

O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña ultima os preparativos para levar a cabo a Gala de Fin de Curso 2018, que terá lugar este mércores 13 de xuño desde as 20:30 horas no Teatro Colón, e en que se poderá gozar da última creación escénica do centro "Museo".
O Conservatorio Profesional de Danza aproveita a gala de peche do actual curso académico para adentrarse no mundo da pintura. Un espectáculo en que as imaxes plasmadas nalgunhas das obras máis representativas da Historia da Arte toman vida por medio das coreografías representadas polo seu alumnado.


A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, puxo en valor esta mañá "o grande traballo e a profesionalidade" do conxunto de mestres, mestras e profesionais do mundo da danza que "coa súa dedicación conseguen un ano máis que o Conservatorio da Coruña sexa un centro de referencia, e tamén de excelencia", parabenizando, do mesmo xeito, ao alumnado que completou o seu período de formación neste 2018.
A gala de fin de curso servirá para presentar a nova produción do Conservatorio Profesional de Danza da Coruña "Museo". Unha performance que reproduce unha visita guiada de oitenta minutos ao museo, que permite contemplar até 14 coreografías baseadas noutras tantas obras pictóricas, e entre as que se atopan "A moza da perla" de Johannes Vermeer, "As bailarinas" de Degas, ou os "Cepilladores de Parqué" de Gustave Caillebotte.
Representada por máis de 120 alumnos e alumnas do centro, o espectáculo integrado dentro da Gala de Fin de Curso 2018 do Conservatorio, servirá para recoñecer o traballo do alumnado que completou durante o presente ano os seus estudos e aprendizaxe de danza clásica, galega e contemporánea.
As persoas que queiran gozar de "Museo", tamén poderán facelo o vindeiro xoves, 14 de xuño ás 20:30h, co segundo dos pases do novidoso espectáculo do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña.

Case tres décadas formando profesionais


O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación de Coruña, foi creado en 1990, baixo a dirección de Luciano Gómez para poder ofrecer á mocidade unha formación de calidade, profesional e regulada, que ata entón non existía na cidade da Coruña.
A pesar de estar especializado en danza clásica, o Conservatorio tamén forma profesionais da danza contemporánea, sendo habitual ademais a súa presenza en festivais nacionais e internacionais.
Por medio do Conservatorio, a Deputación da Coruña segue amosando o seu compromiso pola danza como expresión artística de primeiro nivel, unha aposta que ademais ratifica anualmente coa convocatoria de bolsas de formación artística, entre as que se inclúe un apartado especificamente dedicado á danza.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi