Información

CIG-Industria reitera que a loita das auxiliares polos acordos "está viva e non imos abandonala"

Información
13 Junio 2018 1388 Votos Sección ; Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A CIG-Industria realizou este mércores concentracións-asembleas diante das portas dos estaleiros de Ferrol e Fene en demanda da recuperación dos acordos da industria auxiliar e pola mellora das condicións de seguridade e saúde para os traballadores e traballadoras das subcontratas de Navantia. A protesta tamén busca ser un xesto de solidariedade co persoal das auxiliares da baía de Cádiz, que este mércores están secundando unha xornada de folga por unhas condicións dignas. 

 

"A CIG xa dixo que esa proposta non valía e pedímoslle a patronal que a melloraran. Pasado un mes aínda non sabemos nada e por enriba CCOO e UGT están desaparecidas", apunta Vicente Vidal, secretario comarcal da CIG-Industria. E advirte: "a recuperación dos acordos do 2001 é unha reivindicación viva, que non imos abandonar".

Sen solucións tras sete meses de negociacións

O responsábel sindical denuncia que despois de sete meses de negociacións, constantemente interrompidas con absurdas escusas, quedou de manifesto a falta de interese por solucionar o conflito salarial, e por aproveitar esa mesa para afondar en temas como a formación, a prevención, ou a subcontratación,  "mentres continuamos a sufrir accidentes graves e mortais e escoitamos a patronal falar da falta de especialistas".

Ao tempo, engade Vidal, estanse elaborando as novas condicións dos pregos de contratación de Navantia sen escoitar a representación do persoal, mais tamén, de costas ás empresas da comarca, "o que deixa en evidencia cal é realmente o papel que teñen asumido as auxiliares de Navantia na Ría de Ferrol, e cal é o tratamento que reservan para o seu persoal: o de man de obra explotada e submisa".

Responsabilidade de Navantia

Ante esta situación, Vidal defende que "hai que recuperar o camiño da mobilización", para rachar coa parálise tanto na negociación coas auxiliares como na inacción por parte da empresa principal, "que consinte nos abusos e incumprimentos das súas contratas".

 Por iso, CIG-Industria esixe da dirección de Navantia e das e dos responsábeis políticos, que adopten unha postura "proactiva" neste conflito e que estea "a altura das circunstancias e dos retos de futuro que se lle presentan a unha empresa que debe aspirar a ser líder no mercado internacional. Navantia debe promover unha solución definitiva ás xustas e lexítimas reivindicacións do persoal da industria auxiliar".

Unha chamada que cobra especial relevancia neste intre, cando se constitúe a mesa da industria auxiliar no marco da negociación do convenio de Navantia, que ademais coincide, por mor do cambio de Goberno, coa toma de posesión das/os responsábeis políticos con competencias directas sobre esa negociación do convenio, sobre o futuro do estaleiro, e sobre o modelo de empresa que se está deseñando para Navantia. "E polo tanto, sobre as condicións de traballo, estabilidade no emprego, de seguridade e saúde e salariais, do persoal da industria auxiliar".

Solidariedade cos compañeiros e compañeiras de Cádiz

No decurso das asembleas-concentracións enviouse tamén unha mensaxe de solidariedade cos traballadores e traballadoras das auxiliares de Navantia en Cádiz, que hoxe secundan de xeito masivo unha xornada de folga, "por motivos que coñecemos ben e que compartimos ao 100%: condicións de traballo, seguridade e saúde, xornadas excesivas, e incumprimento do convenio de aplicación". Ao igual que aconteceu coa folga convocada en solitario o pasado outubro pola CIG, o paro de Cádiz tampouco conta co respaldo dos sindicatos maioritarios de Navantia, "que unha vez máis quedan retratadas como organizacións entregadas totalmente á dirección de empresa".

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi