Información
Noticia destacada de Galicia

XSG: “Si ao machismo de Feijóo, non a corrupción do PP no Parlamento galego”

Información
Galicia 13 Junio 2018 1523 votos

Nabor González afirma que “o sr. Santalices pretende que o Parlamento galego viva nunha realidade paralela, allea a corrupción do seu partido”.

González declarou que “o Partido Popular parece confundir o sistema parlamentario co autoritario, obviando a existencia da liberdade de expresión”.

 

Santiago de Compostela, 13  de xuño de 2018
As XSG saen ao paso trala prohibición por parte do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, do uso da afirmación de que o Partido Popular foi “condeado por corrupción”.

O secretario xeral das XSG, Nabor González asegurou que “estamos ante un bochornos espectáculo protagonizado polo Partido Popular de Galicia cuxa trama principal pasa por esquivar unha realidade tan obvia coma que é un partido condeado por corrupción”.

O dirixente socialista afirmou que “Feijóo está a impoñer unha mordaza á galega ás deputadas e deputados para protexerse en sede parlamentaria de realidades que poden afectar a súa viaxe a Génova”. “Se pretende presidir o Partido Popular vai ter que facer algo máis que vetos no parlamento galego para agochar tanta corrupción”.

O mozo socialista aseverou que “chama a atención que o presidente da Xunta poda exercer no pleno o seu noxento machismo con total liberdade e complicidade por parte da presidencia, mentres á oposición se lle recorta un dereito tan básico coma a liberdade de expresión”.

“O veto de Santalices, baseado nun informe inexistente, non conta tan sequera aval dos letrados e letradas da cámara”. González selou transmitindo o apoio “ás deputadas e deputados que, ante tal menoscabo de dereitos, néganse a admitir dita prohibición”.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi