Información
Noticia destacada de Galicia

Pontón: “É surrealista que Feixóo prohiba dicir no Parlamento que o PP foi condenado por corrupción”

Información
Galicia 07 Junio 2018 1656 votos

Os grupos políticos da oposición forzaron unha reunión urxente da Xunta de Portavoces para tratar o feito inédito de que o presidente do Parlamento mandase retirar do diario de sesións as frases da portavoz nacional, Ana Pontón, -e doutros deputados e deputadas-, nas que declaraba que a  sentenza Gürtel condenaba ao PP por corrupción.

En concreto, argumentou que o PP “é o único partido de Europa condenado por corrupción” e instou ao xefe do Executivo galego a aclarar se ía postularse “a presidir un partido condenado por corrupción”. Tras esta intervención, o presidente da Cámaras anunciou que ía retirar esas frases do diario de sesións.

 

Para xustificar tan insólita censura, citou un informe emitido polos servizos xurídicos da Cámara a petición súa, apelando a que súa experiencia lle capacitaba para adiviñar os argumentos da oposición e, por tanto, para tomar medidas preventivas nunha especie de mordaza anticipada. Ao absurdo deste argumento, súmase que na Xunta de Portavoces o PP non foi capaz de mostrar informe algún, nunha situación que a portavoz do BNG cualificou de “surrealista”.

“O PP pasou todas as liñas vermellas da democracia e non imos aceptar ningunha mordaza porque temos todo o dereito a dicir nesta Cámara que hai unha sentenza que condena ao PP por corrupción”, salientou Pontón, “se o modelo de rexeneración democrática de Feixóo para o seu partido é amordazar ao Parlamento galego, hoxe perdeu moitas posicións no perfil que en teoría pretende imprimir”.

Para recalcar o inaudito da mordaza, Pontón lembrou que no debate da moción de censura os grupos do Congreso declararon ate a saciedade a condena por corrupción do PP, sen que a ninguén se lle ocorrese retirar tal argumento do diario de sesións. “Pero o PP pretende prohibir no Parlamento galego o que o que se publicou nas portadas dos xornais e está nunha sentenza”, alegou Pontón, “pero non imos aceptar mordazas”.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi