Información
Noticia destacada de Galicia

Fernández Leiceaga lembra que Bárcenas e Crespo apuntaron a unha caixa B no PP galego “cando menos ata 2006” e esixe a Feijoóo establecer “un firewall” entre esas prácticas corruptas e o goberno galego

Información
Galicia 06 Junio 2018 315 Votos

Fernández Leiceaga apunta que “non se pode ser ao mesmo tempo militante de Galicia e querer ser o máximo militante do PP

Lembra que Bárcenas e Crespo apuntaron a unha caixa B no PP galego “cando menos ata 2006” e esixe establecer “un firewall” entre estas prácticas e o goberno galego

 

Santiago de Compostela, 06 de xuño de 18. O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, urxiu hoxe a Feijóo a clarificar “con rapidez” se vai continuar como presidente da Xunta logo de comezar a carreira sucesoria no PP. Na sesión de control ao presidente da Xunta, sinalou que “non se pode ser ao mesmo tempo militante de Galicia e querer ser o máximo militante do PP”.

Advertiu do risco de “ter aquí un pato coxo”, como se denomina en Ciencia Política aos presidentes que non van renovar a súa candidatura, e do efecto que poida ter a súa virtual candidatura sobre a acción do goberno. Explicou graficamente que esta situación suporía pedirlle respaldo aos militantes do PP “de Madrid ou Valencia” cando “discrepamos nos intereses en materia de financiamento ou nas prioridades das infraestruturas”.

Neste sentido, apuntou que a cidadanía de Galicia “pregúntase quen vai ser o presidente da Xunta no próximo período de sesións, ou se vostede –ironizou- cantará con Marta Sánchez el que sigue aquí soy yo”.

Firewall

Leiceaga reclamoulle ademais ao presidente da Xunta que estableza un firewall ou muro de seguridade entre as prácticas corruptas do PP e o goberno de Galicia. Neste sentido lembrou as declaracións de Bárcenas e Crespo apuntando a que o partido tamén tiña unha caixa b en Galicia “funcionando cando menos ate 2006”, e dixo que “non abonda con pedir perdón, cumpre asumir responsabilidades políticas e corrixir esas prácticas.

Dirixiuse a Feijóo para reclamarlle se no caso de Rajoy el optaría por asumir as ditas responsabilidades políticas e se continúa defendendo o que dixo en 2015 de que “o que nos interesa é o pronunciamento da Xustiza, porque é inapelable”. Instou a “poñer final ao tempo político da corrupción e da impunidade e impulsar a exemplaridade pública” para “recuperar a confianza nas institucións”.

O responsable socialista lembrou que a sentenza da Gürtel que pon en cuestión a veracidade e credibilidade do anterior presidente do Goberno e sinala ao PP como “responsable a título lucrativo” porque os feitos daquela non estaban tipificados no Código Penal.

Tamén confirma un “sistema de corrupción institucionalizado entre o Grupo Correa e un grupo de membros do PP nas institucións e no partido con múltiples ramificacións en gobernos locais e autonómicos”. A sentenza confirma a caixa B do PP “cando menos dende 1989” da que se derivaban sobresoldos “regularmente” para altos cargos “nutríndose de achegas empresariais de procedencia ilícita con marcado carácter finalista”.

Medidas

Fernández Leiceaga propúxolle ao presidente da Xunta que reactive a Comisión de Estudo para a prevención e erradicación da corrupción “pechada en falso” e retome as propostas socialistas rexeitadas polo PP. Reclamou así a apertura dunha Fiscalía Anticorrupción en Galicia, a regulación dos lobbies, ou a protección dos denunciantes internos da Administración.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi