Información
Noticia destacada de Galicia

O Concello de Nigrán engadiu mil metros cadrados ao espazo dunar protexido de praia América-Panxón tras desmantelar a Escola de Vela que, durante 14 anos, viña ocupando eses terreos irregularmente e de xeito gratuito.

Información
Galicia 05 Junio 2018 592 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

IMG 7315Esta zona xa está acotada para impedir o tránsito e será rexenerada nos vindeiros días. Deste xeito, o espazo dunar de Nigrán suma xa 36.000 metros cadrados.
 Paralelamente, o Concello incluíu este ano xunto a adxudicación de quioscos de verán un posto de aluguer de esquí náutico e vela cun cánon de 2.500 € que se ubicará ata o 30 de setembro nestas inmediacións. 


 "Queremos protexer ao máximo o ecosistema natural de Praia América devolvéndolle o seu equilibrio natural, esta é unha medida nesta liña e que casa co proxecto actual de mellora dos marxes do río Muíños que busca, entre outras cousas, evitar a gran erosión do sistema dunar", explica Juan González, alcalde de Nigrán.
 O Servicio Provincial de Costas del Estado, a petición do Concello tras detectar diversas irregularidades, retiroulle á antiga Escola de Vela 'Beach Escolas' a concesión administrativa  que lle permitía ocupar mil metros cadrados do dominio marítimo-terrestre de Lourido, polo que en marzo os propietarios procederon a retirar a instalación da gran caseta de madeira. "Ocupaban un espazo desmesurado de xeito permanente pese a só funcionar no verán e non abonaban nin un euro ao Concello, nin sequera o consumo de luz e auga", explica o rexedor, quen reitera a súa aposta polos deportes náuticos "pero  de xeito regulado e suxeito á normativa municipal, como se fixo coa nova concesión temporal de verán".
 Paralelamente, o Concello de Nigrán instalará na vindeira semana novos paneis educativos no sistema dunar que conteñen información ornitolóxica e sobre as plantas invasoras que o ameazan co obxectivo de concienciar á poboación da importancia de preservar estes lugares naturais.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...