Información

Leiceaga pide reactivar a Comisión de Estudo contra a Corrupción, para situar a Galicia na “primeira liña da loita contra a corrupción” e pillar de unha vez por todas a Feijóo..

Información
XornalGalicia 04 Junio 2018 394 Votos Sección ; Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, propuxo hoxe reactivar a Comisión de Estudo contra a Corrupción, posta en marcha na pasada lexislatura e pendente aínda de aprobar as conclusións, para situar a Galicia na “primeira liña da loita contra a corrupción”. O obxectivo, dixo, é evitar que se reproduzan nesta Comunidade Autónoma as prácticas do PP recollidas na sentenza da Gürtel.

 

O responsable socialista propuxo así a establecer unha fiscalía anticorrupción en Galicia, así como medidas para protexer aos denunciantes internos da administración que “precisan de protección especial para incentivar o labor de control”. Neste sentido, explicou que a Gürtel “nace dun funcionario que deu o paso e, se escoitamos o que tivo que pasar dende entón, entendes que custe tanto denunciar estas prácticas”.

Leiceaga instou neste sentido a Feijóo a ofrecer “declaracións claras” logo dunha sentenza que sitúa ao seu partido como responsable a título lucrativo, e debulla a trama como un sistema de corrupción institucionalizado no que determinadas empresas traballaban para o PP a cambio de comisións que pasaban á caixa B na que “aí está M. Rajoy”. Ademais, apuntou, “nin o fiscal nin os maxistrados dan veracidade á testemuña de Rajoy”.

O responsable socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que estableza un “muro de separación nítida entre o goberno de Galicia e as prácticas do PP recollidas na sentenza” e que afectan a bo número de concellos e gobernos autonómicos. Trasladou as súas dúbidas logo da fidelidade manifesta por Feijóo cara ao presidente do Goberno en canto á falla de autocrítica e preguntoulle se “no mesmo caso tería dimitido”.

Lembra ademais que o que fora secretario de Organización do PP galego, Pablo Crespo, foi condenado neste xuízo e admitiu a existencia da “caixa b”. O mesmo que, lembrou, foi mantido por Feijóo dentro de Portos cando o hoxe presidente da Xunta era conselleiro de Política Territorial.

Sucesión de Rajoy

Ademais, esixiulle ao presidente da Xunta que “non poña os seus intereses particulares na promoción interna do PP por diante dos intereses de Galicia”. Aludiu neste sentido a unha eventual candidatura do actual presidente galego a suceder a Rajoy en Madrid, o que require do “coñecemento rápido das decisións que, se se producen, afectan á gobernabilidade de Galicia”.

Instou ao presidente galego a que, no seu caso, “non someta a Galicia a unha situación de interinidade que debilite a capacidade de actuación do goberno galego” pola súa posible ausencia.

Reivindicacións

O responsable socialista confirmou que, logo do cambio de goberno en Madrid, o Grupo Socialista continuará defendendo cuestións fundamentais para Galicia, subliñando que “non vamos cambiar a nosa posición polo cambio de goberno, e agardamos que o resto dos grupos tampouco o faga”.

Neste sentido aludiu á reclamación de execución dos prazos de investimentos no AVE, a inclusión de Galicia no Corredor Atlántico de Mercadorías por Ferrocarril, ou a solicitude de transferencia da AP-9. Con relación á axenda social, lembrou a demanda de supresión do copago de medicamentos, a actualización das pensións conforme ao IPC e retomar o nivel de financiamento da Dependencia, e renovou a demanda de criterios favorables a Galicia con relación ao modelo de Financiamento Autonómico.

 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi