Información
Noticia destacada de Galicia

Os socialistas dubreses promoven a defensa do servizo de pediatría no Parlamento galego

Información
Galicia 01 Junio 2018 1721 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O responsable do PSdeG de Val do Dubra, Diego Luis Díaz Méndez, destacou que “é preciso defender dende o eido local un servizo de pediatría de calidade e alzar a voz contra os retallos que están a sufrir a rapazada dubresa e na súa sanidade”. Á xuntaza acudiu a deputada galega Begoña Rodríguez e o deputado  Antonio Leira, que aproveitaron para manifestar o seu apoio ás reivindicacións formuladas polas nais e pais.

 

Val do Dubra, 1 de xuño de 2018

O PSdeG de Val do Dubra, convocou o pasado xoves día 31 de maio, na Casa da Cultura, ás veciñas e veciños a unha charla informativa onde analizaron a situación do seu servizo de pediatría, que nos últimos anos viuse mermado e sofre graves deficiencias, xa que foi reducido a un horario escaso para a atención de toda a rapazada dubresa, chegando incluso a non prestarse en multitude de ocasións ao ser un servizo compartido co centro de saúde de Vite do concello compostelano.


Ao acto, asistiu o responsable do partido en Val do Dubra, Diego Luis Díaz Méndez, o deputado e coordenador comarcal Antonio Leira e a deputada galega Begoña Rodríguez, que se comprometiu a presentar nos vindeiros días unha iniciativa no parlamento para tentar recuperar un servizo de pediatría digno para as nenas e nenos dubreses.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

Hoxe luns, 18 de marzo, ás 12 h na casa do concello terá lugar...

Poderá concursar toda persoa física ou xurídica. As obras deberán...

lineaazul 1600