Información
Noticia destacada de Galicia

XSG: “A única estabilidade que garantiza o Partido Popular é a da corrupción”

Información
Galicia 30 Mayo 2018 1024 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Nabor González afirma que “ante a sentencia do caso Gürtel só cabe a  censura aun goberno cuxo presidente non o creen nin os tribunais nin as e os cidadáns”.
González declarou que “a decisión a teñen os 350 deputados e deputadas: ou manter a un goberno unicamente capaz de garantir a estabilidade das súas practicas corruptas; ou apostar por un goberno de cambio e progreso”.

 

Santiago de Compostela, 30  de maio de 2018
As XSG saen ao paso trala publicación da sentencia do caso Gürtel así como a moción de censura presentada o pasado venres polo Partido Socialista no Congreso dos Deputados.

O secretario xeral das XSG, Nabor González asegurou que “esta sentencia é tan só unha das consecuencias de anos e anos de prácticas autoritarias e de desprestixio nas institucións públicas. Calquera outro goberno houbese dimitido por bastante menos”.

O dirixente socialista afirmou que a moción de censura elevada polo Partido Socialista trátase “dun balón de osixeno á democracia do noso país, que agoniza cada segundo que Rajoy segue na Moncloa. Un presidente que se atricheira cun partido capaz de chamar, sen despeinarse: terroristas, Judas, traidores da patria, a aqueles que loitan por devolvera dignidade o noso país”.

O mozo socialista aseverou que “o silencio de Feijóo resulta delatador, é incapaz de pedir un mínimo de responsabilidade ó seu partido, será porque a Gürtel galega, o deixa coa mesma autoridade moral que a dos seus compañeiros de Valencia ou Madrid: ningunha”.

Os mozos/as socialistas galegos acordaron na última reunión da súa comisión executiva o “total apoio a Pedro Sanchez na moción de censura presentada o pasado venres. Trátase dun exercicio de responsabilidade ante un goberno que, ademais de pola corrrupción, é censurable por tantas outras cousas”. “O vindeiro venres os e as 350 deputados deben estar a altura dun momento no cal so hai duas saidas: dicir sí a corrupción de Rajoy ou apostar por un cambio máis que necesario”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A Semana das Industrias Culturais e Creativas, organizada...

Os orzamentos do 2018 recolleron unha suba que apenas supuxo 20...


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...