Información
Noticia destacada de Galicia

Rías Baixas a través de "María Solinha 2.0" a nova película de Ignacio Vilar

Información
Galicia 28 Mayo 2018 1066 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Presentación de María Solinha 2.0

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente César Mosquera, dos deputados provinciais Santos Héctor e Xosé Leal, e do equipo de produción e dirección da película, presentaron a longametraxe María Solinha 2.0 na que a figura da muller e as paisaxes das Rías Baixas serán protagonistas. Durante o transcurso da presentación, Silva amosou a súa satisfacción "pola potencia que está a ter o cinema desenvolvido por homes e mulleres da provincia de Pontevedra".

 

Segundo asegurou a presidenta provincial, a colaboración da Deputación de Pontevedra coa produción da longametraxe, que ascende a 50.000 €, débese principalmente á necesidade de "apoiar á cultura e ao cinema feito na provincia e por xente de aquí". Xunto a esta cuestión, Silva puxo en valor a importancia da película para "visibilizar ás mulleres da provincia de Pontevedra, mulleres como María Soliño, que forman parte da nosa historia, que teñen sido moi valentes e potentes e sen embargo foron invisibilizadas e silenciadas".

Xunto a estes aspectos, a presidenta provincial tamén recordou o importante papel que cumpre o cinema "para dar a coñecer os territorios e atraer a visitantes". Neste eido, Silva destacou que "o vindeiro ano e por primeira vez na súa historia FITUR vai ter un espazo no que expoñer cuestións que ligan turismo con cinema. Neste aspecto a provincia de Pontevedra quere ser unha referencia, queremos converter ao noso destino nun estudio de cinema xa que temos todas as características para que isto poida ser así".

O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, fixo fincapé na "aposta da Deputación de Pontevedra polo cinema galego e polo cinema feito en galego, no que Ignacio Vilar é xa un referente". Ademais, tamén destacou a importancia de que a película inclúa "a unha figura tan especial para O Morrazo e para a provincia de Pontevedra como foi María Soliña".

Pola súa banda, o director da película María Solinha 2.0 agradeceu "o apoio fundamental da Deputación nesta película xa que sen a súa axuda sería difícil competir" e explicou que a principal idea da película "é dar resposta á pregunta de como sería agora María Soliña, unha muller loitadora, unha muller libre, se vivise na actualidade". Ao igual que fixo a presidenta provincial, Ignacio Vilar tamén puxo en valor o papel da cinema, que "axuda a amar o noso e a dalo a coñecer ao mundo".

A película María Solinha 2.0 rodarase integramente en galego e na provincia de Pontevedra a finais deste ano 2018. Será producida por Vigopolis e por Vía Láctea Films e contará coa actriz canguesa Andrea Santos como protagonista. A estrea da longametraxe está prevista para a primavera do 2019.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...