Información
Noticia destacada de Galicia

Co gallo do Día das Letras Galegas (17 de maio), o emblemático grupo de folk Fuxan os Ventos musica o poema “Lúa de Prata” da homenaxeada este ano 2018: María Victoria Moreno.

Información
Galicia 17 Mayo 2018 827 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Fuxan os Ventos mergúllase na lírica da autora e enchóupaa da súa esencia, conseguindo que cada palabra vibre como unha nota máis desta melodía. Esta canción pretende lembrar á escritora que tan fonda pegada deixou nas nosas letras, especialmente na literatura infantil e xuvenil.

 

Fuxan os Ventos, seguindo o ronsel doutros anos, volve render homenaxe ás nosas letras cunha harmonía de sons, na que voces, vento, corda e percusión van da man sublimando as verbas de María Victoria Moreno.

Colaboran neste tema Roi Adrio (percusións), Simón García (contrabaixo), Adrián Valdés (fagot) e Miguel Díaz (clarinete).

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

Hoxe luns, 18 de marzo, ás 12 h na casa do concello terá lugar...

Poderá concursar toda persoa física ou xurídica. As obras deberán...

lineaazul 1600