Información
Noticia destacada de Galicia

A USC abre un expediente e valora remitir a fiscalía as declaracións do profesor Luciano Méndez Naya sobre a sentencia da "manada"

Información
Galicia 13 Mayo 2018 877 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Universidade de Santiago abriu un expediente informativo que permitirá determinar no menor prazo de tempo posible a repercusión no ámbito profesional do profesor Luciano Méndez Naya dos vídeos difundidos en redes sociais e nos que o docente fai públicas as súas opinións sobre o caso coñecido como ‘La Manada’. Como explicou nun encontro cos medios de comunicación a vicerreitora de Comunicación e Coordinación, Rosa Crujeiras, esta actuación permitirá igualmente á USC valorar a pertinencia de remitir o caso á Fiscalía de existir fundada sospeita de comisión de delito.



A vicerreitora lembrou que “se actuou coa maior celeridade que nos permite o ordenamento xurídico, mantendo as garantías para as partes implicadas” aínda que “deixa unha escasa marxe de manobra, non só ás universidades, senón en xeral á administración pública”. Rosa Crujeiras reiterou que a USC non tolerará actitudes que “menoscaben a dignidade das persoas e os dereitos fundamentais, neste caso o da igualdade entre mulleres e homes”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Un total de 32 espectáculos e máis de 300 profesionais concorren...

A Semana das Industrias Culturais e Creativas, organizada...

Os orzamentos do 2018 recolleron unha suba que apenas supuxo 20...


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...