Información
Noticia destacada de Galicia

O TSXG trada 12 anos en acreditar a ilegalidade dunha urbanización de 69 adosados na Frouxeira "Xustiza ou INXUSTIZA" ¡¡¡ quen paga¡¡¡

Información
Galicia 08 Mayo 2018 741 votos

No momento álxido da burbulla inmobiliaria valía todo. Ou case.
Daquela, en marzo de 2005, o concello de Valdoviño aprobaba o proxecto de urbanización "Unidade de Actuación nº 2 de A Saiña". Rapidamente "Construcciones Rías Gallegas SA", solicitaba licenza para a edificación das primeiras 17 vivendas (de 69), chalés unifamiliares e adosados.

O problema era que a urbanización ocupaba solo rústico de especial protección de espazos naturais (RN 2000 -LIC e ZEPA- e zona Ramsar), solo rústico de especial protección de costas por incluir terrenos a menos de 100 m do dominio público, e tamén solo rústico de especial protección do patrimonio, por atoparse dentro da afección do Castro da Frouxeira.
En 2006 ADEGA presenta a correspondente denuncia perante o concello de Valdoviño, a Dirección Xeral de Urbanismo, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e o SEPRONA. Como resultado conseguimos, apesar da oposición da daquela corporación municipal, unha primeira paralización das obras que o promotor tentou reiteradamente ignorar, reiniciándoas en varias ocasións.
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística confirmou as nosas denuncias, e consecuentemente o concello de Valdoviño tivo en 2009 que declarar nula a licenza. A construtora recorreu en instancia contencioso-administrativa que un xulgado de Ferrol desestimou en 2012, acto que "Construcciones Rías Gallegas SA" recorríu perante o TSXG.

Finalmente en decembro de 2017 o TSXG desestima o recurso da construtora e valida as denuncias de ADEGA e a conseguinte suspensión das licenzas acordadas en 2009 polo concello de Valdoviño. Literalmente, o fallo ditamina que a anulación das licenzas ditouse para "tutelar os valores ecolóxicos, naturais, paisaxísticos e do medio ambiente".

Un longa singradura xurídico-administrativa con episodios rocambolescos

No camiño quedan sorprendentes informes (casualmente a favor da construtora), emitidos por diversas administracións e destapados pola Fiscalía Ambiental tralas denuncias de ADEGA: como que a planimetría da obra localizaba o castro no mar!? o que fixo que a D. X. de Patrimonio emitira un informe favorábel... Calquera con acceso a internet podería ter comprobado a posición "errónea" do xacemento, mais a Xunta deuna por boa. E naquela altura, Costas e Medio Ambiente tamén informaron favorabelmente a obra, malia a afectar á servidume do DPMT e a un LIC con hábitats prioritarios...

Outra volta, tivo que ser ADEGA quen investíu tempo e recursos en defender a legalidade fronte ao desleixo cómplice das administracións. Teremos que ser sempre veciños/as e ecoloxistas os que miremos polo noso patrimonio?

Novas relacionadas


Otros articulos relacionados.....