Información

ALARMA SOCIAL E NA AVOGACÍA GALEGA ANTE O NOVO FALLO DE SEGURIDADE DA XUSTIZA QUE XESTIONA, ALFONSO RUEDA (PPdeG)

Información
XornalGalicia 08 Agosto 2017 1943 Votos Sección ; Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

  • A Avogacía Galega está preocupada polos fallos de seguridade que parecen afectar a todo o sistema informático da Administración de Xustiza

  • O Consello está a facer un seguimento das graves incidencias no tratamento da información e a comunicación no ámbito da Administración de Xustiza

     

 

 

 

A Coruña, 08 de agosto de 2017. Tras a nova incidencia de carácter grave que ven de descubrirse, esta vez no programa informático que utilizan os xulgados galegos Minerva, o Consello da Avogacía Galega mostrou a súa inquietude e preocupación ante uns feitos que consideran moi graves e que deixan en moi mal lugar o papel que o Ministerio de Xustiza está a desenvolver neste eido.

 

 

 

Desde o Consello da Avogacía Galega táchase este novo incidente de moi perigoso e que sumado aos fallos de LexNET das últimas semanas, deixan nunha complicada situación á Administración de Xustiza xa que xerou a dúbida sobre a vulnerabilidade do sistema de xustiza, fundamental para un estado de dereito, e que agora mesmo parece ser incapaz de garantir o seu compromiso coa cidadanía.

 

 

 

Os acontecementos do finais do mes de xullo e comezos de agosto sobre LexNET e agora Minerva ten que facer recapacitar sobre a situación da seguridade da xustiza dixital. O Consello da Avogacía Galega volve a recalcar que a transformación dixital esixe construír un sistema integral sobre sólidos cimentos, mediante unha planificación rigorosa, e que estea á altura do dereito constitucional á tutela xudicial efectiva.

 

 

 

O Consello da Avogacía Galega está mantendo un seguimento constante das incidencias que afecten ao correcto desenvolvemento de LexNET e do resto das ferramentas electrónicas da Administración de Xustiza. Para a tranquilidade da avogacía en Galicia, o Consello da Avogacía Galega empregará as canles dixitais (na súa sede virtual http://avogacia.gal e en twitter @avogacia) para manter informados a profesionais e cidadáns.

 

 

 

Sobre o Consello da Avogacía Galega

 

O Consello da Avogacía Galega, creado en 1993, é o órgano superior da administración colexial da avogacía galega, aglutinando a tódolos Colexios de Avogados de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo.

 

 

 

Así, ten por obxecto agrupar e coordinar os distintos colexios integrados, e asumir a súa representación en cuestións de interese común profesional, no ámbito autonómico. Como máximo representante da profesión en Galicia, o Consello vela polo correcto exercicio da profesión e é o máximo interlocutor perante a administración e a sociedade. Entre outras funcións, ocúpase de coordinar a acción dos Colexios de Avogados de Galicia, exercer o control deontolóxico dos seus membros, organizar o servizo de orientación xurídica e a quenda de oficio e procurar a formación continuada dos profesionais.

 

 

 

Celta B pón a sexta en Abegondo (1-3)

O Celta B encadeou a súa sexta vitoria consecutiva este domingo en Abegondo e, a falta de pecharse...

El Deportivo de Escotet el Venzolano se queda a un paso del título y de la Fase de Ascenso

    El Deportivo  hizo los deberes en la última jornada de liga en el grupo 1º de Se...

Feixóo ten que dar explicacións pola sentenza que permitirá ás eléctricas subir o recibo da luz

Ana Pontón “Os tentáculos do lobby enerxético están nos consellos de ministros e na tamén na ...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....