Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

A CIG-Saúde solicita a retirada inmediata do anteproxecto de Lei presentado onte na mesa sectorial do SERGAS, polo que se suprimen as actuais áreas sanitarias do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés. A central sindical entende que o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública -dando cabida á iniciativa privada-, provocar unha perda do número de camas e servizos nos hospitais comarcais, dificultar a accesibilidade aos servizos sanitarios, paralizar a reforma da atención primaria, reducir o número de traballadores/as e precarizar as súas condicións laborais.

Para a CIG-Saúde con esta modificación da Lei de Saúde de Galiza, a Consellaría "está a confundir a xestión integrada, coa modificación  do mapa sanitario", xa que se suprimen as actuais áreas sanitarias para crear unhas áreas maiores na súa extensión territorial, afastando deste xeito a resolución dos problemas "da cidadanía e das/os traballadoras/es".

Dificultar a accesibilidade ao sistema

Agora, a planificación sanitaria realízase atendendo as necesidades da poboación, mais con este cambio "a planificación farase en función dos recursos sanitarios existentes, se non hai recursos non hai asistencia", advirte a Secretaria Nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín. A este respecto, engade que os grandes hospitais de referencia absorberán a maior parte dos recursos sanitarios e a poboación terá que desprazarse desde o seu domicilio até estes centros, que nalgúns casos están a máis de 100 km.

"Lamentamos que  a introdución de sistemas de xestión integrada no Servizo Galego de Saúde non  teña  como obxectivo a mellora da accesibilidade, a eficiencia e a procura da maior calidade das prestacións sanitarias, baseada na atención e centrada no doente. Pois, con esta medida, a Xunta do PP só pretende dificultar a accesibilidade da poboación ao sistema sanitario público", critica Abuín.    

Pola contra, a CIG aposta por un decreto de xestión integrada que sirva para  vincular a xerencia coa área sanitaria, e utilizar o rango de Lei para crear as Áreas de Verín, Barbanza e Cee, e para habilitar eses distritos hospitalarios como ámbitos susceptíbeis de seren xestionados de forma integrada coa súa primaria.

É dicir, desenvolver unha xerencia de área sanitaria próxima, con funcións de identificación de necesidades de saúde,  planificación e xestión asistencial, de saúde pública e saúde laboral e socio-sanitaria. Isto posibilitaría un modelo integral "que favoreza o coñecemento dos problemas de saúde da súa zona e, ao mesmo tempo, a eficacia e a continuidade da atención, co lóxico beneficio para os usuarios e usuarias".

Reforzar a atención primaria

Fronte ás bondades que o Goberno galego atribúe a un anteproxecto de lei que supón unha volta á centralización da xestión e recursos da sanidade pública, a CIG-Saúde denuncia o abandono por parte da Consellaría "do maior proxecto pactado para traballar pola continuidade asistencial": o Plan de Mellora da Atención Primaria.

Neste senso, María Xosé Abuín critica que as actuais EOXIs condicionan de xeito negativo o  desenvolvemento da atención primaria, xa que perderon autonomía no desenvolvemento dos seus proxectos  e quedaron  funcionalmente subordinadas ás estratexias de xestión do centro hospitalario de referencia. "A atención primaria precisa de maior impulso para mellorar a súa calidade, a dotación de persoal e recursos, e acadar un correcto funcionamento da súa carteira de servizos, actualmente subdesenvolvida".

Precarización do emprego

Dende CIG-Saúde tamén se teme que o SERGAS pretenda utilizar a reforma da actual da Lei para o traslado forzoso das/os profesionais e para os desprazamento forzoso entre centros, "cun posíbel cambio da normativa e das regras de xogo na mobilidade voluntaria tanto interna (nos actuais centros) como externa (nos concursos de traslados)".

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

Lunes, 14 Agosto 2017
Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

El gobierno de la Marea Atlántica a cortado más del 50% de las inversiones a favor de los vecinos de A Coruña y sus recurso, desviando el otro 50% a...