Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Millóns de euros nas entidades sociales acaban "nadie sabe donde", por que as estadísticas afirman que cada día ai mais pobres, mais desahuciados, mais peticións de RISGA, mais entidades interesadas en manexar os cartos destinados aos pobres, e soo hay que ver os indixentes que campan polas rúas de A Coruña, servindo de acicate a paga de 1.800 euros ofrecida por #XulioFerreiro que nadie conoce a que se lle entregou algunha, nen onde están os mais de 4 millóns de euros destinados aos servicios sociais.. A deputación de A Coruña co apollo de Marea Atlántica entra no xogo do "proveito" dos cartos públicos e para xustificalo se monta un chiringuito a todo luxo para enaltecerse eles mesmos. En Google, si se colocan os TAGS "empresas gestoras de servicios sociales" se comprendera o comunicado emitido pola Deputación.

O comunicado feito a medida do chiringuito: 17 de Marzo de 2017
 

Representantes de entidades que traballan no ámbito de servizos sociais e igualdade participaron na xuntanza convocada pola área da Deputación da Coruña, dirixida por Ánxela Franco, en que se puxeron en común as distintas vías de colaboración e as novidades das liñas de axuda que teñen neste momento o prazo de presentación aberto.

A deputada da Área de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco, expuxo diante de máis de cen representantes das asociacións e outras entidades que traballan no sector as novidades das liñas de subvencións en concorrencia competitiva ás que se poden acoller segundo o seu perfil e actividades. Na xuntanza, a deputada Ánxela Franco atendeu tamén as distintas suxestións nun encontro que, como aconteceu no celebrado o pasado ano, quixo poñer en común as vías de colaboración abertas nunha fórmula de xestión que, segundo destacou, "opta por un reparto con criterios obxectivos dos fondos públicos en lugar da discrecionalidade das axudas por subvencións nominativas".

A participación das técnicas da área tiña, neste sentido, a finalidadade de explicar as bases das liñas de axuda de maneira que todas as entidades concorran de maneira acaída ás subvencións e coñezan as diferentes posibilidades que se lle presentan para desenvolver os seus proxectos.

Ademais, na reunión informouse ás persoas participantes das novidades das bases, en especial das cláusulas de igualdade polas que se considera motivo de exclusión das liñas de subvención as discriminacións por cuestións de xénero.

Desde a área de Igualdade repartiuse entre as máis de cen persoas participantes o "Caderno de orientación sobre linguaxe administrativa neutra" co fin de contribuír á eliminación do uso de linguaxe sexista nas entidades.

Na xuntanza, analizáronse, entre outras iniciativas, as bases das convocatorias da área para mantemento de servizos sociais, investimentos, políticas de igualdade e loita contra a violencia de xénero e programas sociosanitarios. As cinco liñas de axuda da área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña teñen

xa aberto o prazo de presentacións de solicitudes que remata o día 20 de abril ás 14:00 horas. Catro das liñas están destinadas a entidades sen fin de lucro, dúas para servizos sociais, tanto programas como investimento, unha para programas de políticas de igualdade e contra a violencia machista e outra para programas sociosanitarios e unha para concellos, para Servizos Sociais Comunitarios.

Interesados en gestionar fondos públicos de servicios sociales Aproximadamente 105.000 resultados 

 
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

Miércoles, 20 Septiembre 2017
Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

La Asociación de Vecinos del Ventorrillo según fuentes de Xornal Galicia es la única Asociación de Vecinos de A Coruña que a recibido los fondos destinados a las asociaciones vecinales...