Información

CCOO reitera a necesidade de cambiar o modelo produtivo de Galicia, cuxos datos de desemprego continúan SENDO os peores do Estado e orquestados por Feijóo (PPdeG)

Información
XornalGalicia  03 Marzo 2017  2646 Votos Sección ; Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Comisións Obreiras (CCOO) reitera a necesidade de cambiar o modelo produtivo de Galicia. Os datos de desemprego da nosa comunidade seguen sendo peores que os do Estado. No mes de febreiro permaneceu case estancado o paro rexistrado no noso país, xa que só baixou en 154 persoas con respecto ao mes de xaneiro: diminuíu só un 0,07 %, mentres que no resto de España baixou o 0,25 % .

Oficina do Servizo Público de Emprego na Coruña

Oficina do Servizo Público de Emprego na Coruña

A secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, asegura que os datos son «malos», xa que non hai unha variación positiva «substancial». Ao seu xuízo, este «estancamento» demostra a necesidade de cambiar de políticas. A sindicalista coida «fundamental» que a Xunta de Galicia actúe para que o sector público sexa un dos motores da economía do país.
En opinión de Bouza, a reactivación da economía ha ir acompañada da recuperación do emprego, pero de emprego con dereitos, especialmente no que atangue aos soldos. Neste punto, recuperar o poder adquisitivito dos salarios é «un aspecto básico» non só para restituír os estándares de vida anteriores á crise, senón mesmo para superalos.
Datos do paro rexistrado
No mes de febreiro había en Galicia 211.924 persoas inscritas como paradas nas oficinas dos servizos públicos de emprego: 115.728 mulleres (representan o 55 % do paro rexistrado) e 96.196 homes. As persoas menores de 25 anos en paro eran 10.039 e supoñían case o 5 % do total de persoas paradas.
O paro só descende nos homes (441 parados menos fronte a 287 paradas máis) e, por grandes grupos de idade, nas persoas de 25 ou máis anos (463 persoas paradas menos nesa franxa de idade fronte a 309 máis nas menores de 25 anos).
Por sectores, as persoas paradas diminuíron en 288 na construción, 100 no sector primario e 61 nos servizos. Pola contra, o paro rexistrado sobe no colectivo sen emprego anterior (235 persoas paradas máis) e na industria (60 máis).
Desde febreiro de 2016, o paro rexistrado baixou en 23.344 persoas, o que supón unha diminución do 9,92 % (na media estatal baixou o 9,68 %). Non obstante, esa baixada está condicionada pola caída da poboación activa. Un dato que o demostra é que hai 23.344 persoas menos en paro ca no mes de febreiro de 2016 pero desde aquela só hai 18.027 afiliacións máis a seguridade social.
Análise da contratación
Un trazo xa asentado da contratación é a elevada temporalidade: o 89,8 % dos contratos rexistrados nas oficinas do servizo público de emprego foron temporais. En cifras absolutas, rexistráronse 62.323 contratos e, deses, 55.975 eran temporais e só 6.348 indefinidos.
Na comparación mensual, a caída máis acusada da contratación dáse na temporal: 7.130 contratos temporais menos (–11,30 %) e 441 contratos indefinidos menos (–6,50 %). Na comparación anual, rexistráronse 467 contratos indefinidos máis (+7,94 %) e 242 contratos temporais máis (+0,43 %).
Afiliación á seguridade social
A afiliación media á seguridade social avanza menos en Galicia que na media estatal, tanto na comparación mensual coma na anual. No mes de febreiro había en Galicia 953.563 persoas afiliadas á seguridade social e aínda quedan por recuperar 123.150 afiliacións para alcanzar os niveis de emprego de hai nove anos.
En febreiro había 2.816 persoas afiliadas máis ca no mes de xaneiro, o que supón unha suba do 0,30 % (esa porcentaxe, na media estatal sobe ata o 0,42 %). A suba da afiliación dáse no réxime xeral e no do mar (2.760 e 285 afiliacións máis, respectivamente), mentres que no de autónomos se perden 229 afiliacións.
En termos anuais, a afiliación á seguridade social tamén medra máis devagar en Galicia ca no conxunto do estado: un 1,93 % fronte ao 3,38 %. Desde febreiro de 2016 hai 18.027 persoas afiliadas máis en Galicia, e na desagregación por réximes, a cifra medra no réxime xeral (19.554 afiliacións máis) e no do mar (129 máis) pero retrocede no de autónomos (1.656 afiliación menos).
Prestacións por desemprego
No mes de xaneiro de 2017 só estaban percibindo unha prestación por desemprego o 53,4 % das persoas paradas con experiencia laboral. As prestacións contributivas, as de máis calidade, só representaban o 43,63 % do total, mentres que no caso dos subsidios por desemprego a porcentaxe sobe ata o 45,20 %. En cifras absolutas, a repartición por modalidades era a seguinte: 47.255 percibían un subsidio por desemprego, 45.615 contributivas, 10.960 a renda activa de inserción e 721 correspondían ao programa de activación de emprego.
Desde xaneiro de 2016 hai 12.116 persoas menos percibindo prestacións por desemprego (–10,39 %) e o gasto por nestas prestacións baixou un 9,71 %.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#Xulio Ferreiro terrorista de los medios de comunicación, censor y ocultador de la información pública traslada fondos municipales a la Cadena Ser para un chiringuito sobre medios de comunicación al que no acudió ni el 4% de los medios de A Coruña

#Xulio Ferreiro catalogado como el peor enemigo de los medios de comunicación condenado por la Comisión de Transparencia de Galicia por censor, vulnerador de los derechos periodístocos se atreve a...

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...