Información
Cloacas

O maior vertedoiro de pneumáticos de Galiza está en Lendo (A Laracha)

Información
19 Mayo 2016 3214 votos

Moitos anos acumulando millóns de pneumáticos

Segundo os dados que publicaba hai uns días uns días un xornal, son unhas 35.000 toneladas de pneumáticos as que hai acumuladas nas instalacións do grupo Campo, en Lendo (A Laracha). Son moitos os anos que se levan amoreando as rodas neste lugar, décadas diría eu. A maior parte da veciñanza da Laracha é coñecedora desta situación desde hai moito tempo.

Unha situación pola que tamén ten preguntado o BNG ao goberno municipal hai xa moitos anos, sendo a resposta que alí só se estarían armacenando os pneumáticos para seren logo tratados a outra planta deste grupo empresarial noutro lugar; hai moitos anos xa desta explicación, e o certo é que os pneumáticos usados continúan alí, amoreados sen máis, expostos a unha catástrofe como a que sucedeu en Seseña. Sempre existiu entre parte da veciñanza a sospeita de que se queimaban rodas na planta de Campo, podíase escoitar ese comentario en moitas ocasións, mais non vou afirmar que así sexa pois non teño probas diso.

Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para a súa contestación no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación a seguinte PREGUNTA:

 

Hai xa varios meses que o concello da Laracha acordou iniciar un expediente de revisión de oficio, por segunda vez, do contrato feito no ano 2009 coa empresa Hidroeléctrica Laracha para a subministración eléctrica do Museo dos Muiños na antiga rectoral de Golmar, logo de que fose recoñecido polo propio goberno municipal que esa obra non foi executada na súa totalidade (a raíz dunha denuncia presentada pola Fiscalía no Xulgado nº 3 de Carballo).

Pladesemapesga estuda pedir a intervención da Fiscalía Anticorrupción de Galicia e de Medio Ambiente xunto a unha denuncia directa ao Seprona. Isto só enténdese, si o Alcalde presuntamente prevaricador é do PP, e neste caso danse os aditivos para iso, e a normativa pregúntase "como é posible que Augas de Galicia e o concello da Laracha autoricen a instalación dun transformador pegado ao río?" , si a Lei de Feijóo decretada na Xunta fálanos dunha distancia minima, cando a todo o mundo, como é lóxico, esíxeselle esa distancia mínima ao río para calquera construción, pero na Laracha ao parecer, nó....?. Curiosamente este alcalde do Partido Popular parece que goberna a golpe de Xulgado polas súas presuntas irregularidades e que no municipio xa non soprenden a ninguén as súas actuacións.

Un trato tan diferente que se dá a esta empresa con respecto ao común dos veciños que entra na discriminación e conculcación das leis con claros visos de FAVORETISMO medioambiental...O Alcalde de Laracha xa ten ás súas costas graves acusacións pola súa intima amizade e relacións coa Hidroeléctrica Laracha......(+)

lineaazul 1600

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...