Información
Cloacas

#XulioFerreiro es considerado un apátrida (Hombre sin patria); As declaracións do alcalde rupturista da Coruña demostran ás claras que non sabe o que é Galicia e as nosas necesidades como País

Información
03 Octubre 2018 1073 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O flamante alcalde da Marea Atlántica, membro de En Marea facía no día de onte unhas declaracións nunha conferencia sobre gobernanza, cando menos sorprendentes, que o único que buscan na súa desesperación é achegar votos populistas na súa cidade, máis propio de Paco Vázquez. Asegura na súa capacidade política que Galicia é un territorio urbano e fala dunha idea distorsionada da Galicia verde e rural.

 

Dende CxG entendemos este mensaxe como moi perigoso para Galicia como País e o máis sorprendente é o apoio  de En Marea ó deseño de Galicia que ven traballando o PP dende a sombra. Recentemente o secretario xeral de CxG, Piñeiro Docampo, nun artigo manifestaba: “a aplicación das políticas conservadoras e apoucadas de Feijoo mudou a realidade de Galicia nunha sorte de sete areas metropolitanas moi poboadas. Este é un deseño de País miserento e apoucado que porén ven demostrando o seu fracaso: diáspora, incendios e crise demográfica”. Despois das declaracións de Xulio Ferreiro fica claro que o deseño de Galicia de En Marea é o mesmo que o do PP.

É unha cuestión moi clarificante que tan friamente aposte o mandatario coruñés por dúas velocidades en Galicia, cando manifesta que 2 millóns de galegos viven no eixo atlántico contra 800.000 que viven no interior, unha mensaxe moi clara sobre a igualdade e dereitos de En Marea. Moito do potencial de País de Galicia está no interior, moita solución demográfica pasa por apostar polo rural.

“Esperemos que fique claro, para a opinión pública a cerne galeguista de En Marea, cando un dos seus alcaldes obvia a metade de Galicia con fin de afanar un puñado de votos na súa cidade, o populismo ten esas cousas” manifestou Piñeiro Docampo.

lineaazul 1600

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...