Loli Toja lamenta o “abandono” DO MINICRIADOIRO DE BIVALVOS DE CAMARIÑAS unha iniciativa “no seu momento pioneira” que “deixaron morrer por cuestións burocráticas e por mera incompetencia”.

15 Diciembre 2017  538 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, levou a situación do minicriadoiro de bivalvos de Camariñas á Comisión de Pesca. O goberno galego non foi quen de confirmar a continuidade do proxecto en resposta ás preguntas da deputada da Costa da Morte, que reclamou a recuperación dunha iniciativa que custou un millón de euros e que no seu momento foi pioneira.

A responsable socialista lamentou o “esquecemento” tanto do proxecto como das instalacións físicas, que continúan “pechadas, en abandono, co teito levantado e con anacos voando cos temporais”. Acusounos de “non ser quen de sacar adiante un proxecto que deixaron morrer por cuestións burocráticas” logo de constatar que, “en contra do seu compromiso, distribuíron as súas funcións entre o Igafa e o criadoiro de O Vicedo”.

 

Criticou que o goberno galego teña decidido “tirar os recursos públicos” investidos nun proxecto de 1,3 millóns de euros ao tempo que “perderon tamén o intanxible do traballo e a implicación do sector na utilización de técnicas de reprodución e engorde analizadas nas instalacións”.

Incumprimento

Loli Toja denunciou que o goberno galego incumprira de paso a iniciativa aprobada na Cámara autonómica en 2014 na que urxía a recuperar as instalacións do minicriadoiro”, daquela xa danadas polos temporais, co obxecto de “devolvelas ao seu estado orixinal e que poidan cumprir coa finalidade para a que foron construídas”.

Lamentou que, por todo isto, “a realidade é que, mentres o minicriadoiro morre entre a indiferenza colectiva, Galicia segue importando semente de bivalvos doutros países”, coa que “importamos tamén enfermidades que antes non tiñamos para as nosas rías, e o marisqueo adoece e morre”.

Reclamoulle ao goberno galego que presente “un cronograma real para recuperar o minicriadoiro” e, no caso de que, como parece, non quixeran darlle “ningún tipo de continuidade” coñecer “que pensan facer coas instalacións e que farán para resolver o problema de seguridade que supón o seu estado lamentable”.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...