Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Tamén para outro tipo de citas como para o servizo de odontoloxía, cando non son capaces de pedir a cita por teléfono debido á saturación das liñas ou á dificultade que supón a central de chamadas do Sergas, non lles queda máis remedio que desprazarse á Laracha ou ao Centro de Saúde de Carballo para pedir directamente a cita. O mesmo pasa coa realización de trámites relacionados coa tarxeta sanitaria e outros trámites administrativos, para os que igualmente deben desprazarse á Laracha ao carecer no seu consultorio de persoal administrativo. Ante todo esto o Alcalde se "esconde" por estar mais ocupado nos pelotazos urbanísticos con seu "socio Evaristo lareo" que na saude da veciñanza

Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación, a seguinte MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O consultorio médico de Caión, cunha dotación de persoal dunha praza de médico de familia e unha de enfermaría, carece de persoal para realizar xestións de cita previa o todo tipo de trámites administrativos. Na actualidade, as primeiras citacións para as distintas especialidades xestiónanse directamente nos centros de atención primaria, de xeito que as veciñas e veciños de Caión cando son derivados polo seu médico de cabeceira a algunha consulta de especialista teñen que desprazarse ata A Laracha para poder xestionar esa cita. Tamén para outro tipo de citas como para o servizo de odontoloxía, cando non son capaces de pedir a cita por teléfono debido á saturación das liñas ou á dificultade que supón a central de chamadas do Sergas, non lles queda máis remedio que desprazarse á Laracha ou ao Centro de Saúde de Carballo para pedir directamente a cita. O mesmo pasa coa realización de trámites relacionados coa tarxeta sanitaria e outros trámites administrativos, para os que igualmente deben desprazarse á Laracha ao carecer no seu consultorio de persoal administrativo.

É por isto que desde o Grupo Municipal do BNG solicitamos da Corporación Municipal en Pleno a adopción do seguinte ACORDO:

Solicitar ao Servizo Galego de Saúde a dotación dunha praza de PSX (Persoal de Servizos Xerais) para o consultorio médico de Caión, e a dotación material necesaria para desenvolver os traballos relacionados coa cita previa e todo tipo de trámites administrativos.

A Laracha, 10 de novembro de 2017

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

 

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...