Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

MOITAS AUTORIDADES VISITARON A LARACHA PARA ANUNCIAR UNHA AMPLIACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE QUE XA ANUNCIABAN NO ANO 2010

Moitas autoridades acompañaron ao alcalde da Laracha para anunciar a ampliación do Centro de Saúde da Laracha, unha ampliación que xa anunciaran no ano 2010. Efectivamente levamos moitos anos agardando por esta necesaria ampliación, e foron moitos os anuncios e as visitas ao longo destes anos; semella que por fin se van levar a cabo esas obras necesarias que agardamos solucionen as carencias do actual edificio, cunha nova ubicación do PAC e con máis espazo para consultas e salas de espera. Sempre dicimos no BNG que na Laracha a propaganda vai moi por diante dos feitos e esta é unha proba máis.

 

Seica o alcalde da Laracha “manda moito” e por iso nos visitan moitas autoridades (fundamentalmente da Xunta) ultimamente. Pois desde o BNG esperamos que se manda tanto utilice a súa posición para mellorar os servizos prestados á veciñanza e, por exemplo, para que A Laracha deixe de ser o único concello de máis de 10.000 habitantes da área sanitaria da Coruña que carece de consultas médicas en horario de tarde. Si, efectivamente, se tanto “manda” o noso alcalde supoñemos que conseguirá por fin servizos sanitarios que @s do BNG levamos demandando máis dunha década: consultas de atención primaria en horario de tarde e un servizo de odontoloxía cunha dotación mínima dun/unha odontólogo/a e un/unha hixienista dental. E xa de paso, que consiga tamén mellorar servizos coma o de pediatría onde a única pediatra conta cun cupo de máis de 1.200 nenos e nenas, e que consiga tamén que se substitúan sempre as ausencias do persoal.

Que o alcalde da Laracha “mande moito” no seu partido para que o noso concello reciba visitas de autoridades da Xunta está ben (aínda que sexa para anunciarnos agora que en 12 meses estará feita unha ampliación do centro de saúde que xa nos anunciaran no ano 2010), pero á veciñanza da Laracha seríalle de moita máis utilidade que ese mando servise para mellorar os servizos. E no ámbito sanitario os servizos que temos están por debaixo dos que teñen –desde hai moitos anos- o resto de concellos de máis de 10.000 habitantes da área sanitaria da Coruña.

A Laracha, 4 de novembro de 2017

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da LarachaEste é o texto definitivo aprobado na Comisión de Educación do Parlamento Galego, logo da iniciativa do BNG transaccionada polo grupo do PP:" O Parlamento de Galiza insta á Xunta a estudar a modificación da actual parada do trasnporte escolar ao seu paso por Vilaño, A Laracha, na DP-2404 até un punto da mesma calzada onde se poida garantir maior seguridade das crizanzas, vehículos e mesmo peóns".O grupo parlamentar do BNG rexistrará nos vindeiros días unha nova iniciativa para que sexa reformado o mapa de apeodoiros do transporte escolar en Galiza, co obxectivo de o adaptar á realidade e necesidades actuais do servizo, e demandará que se faga de maneira dialogada coa comunidade educativa (incluídas as ANPAS).

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...