Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O BNG da Laracha presentará unha serie de preguntas no próximo Pleno Ordinario da Corporación (que se celebrará o venres 28 de xullo ás 13:30) relacionadas co proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha persoa como técnico de turismo. Foi un proceso selectivo realizado polo sistema de concurso de méritos, e no que se utilizou a entrevista persoal para decidir finalmente a persoa contratada entre as dúas aspirantes empatadas na puntuación do concurso.

Unha entrevista realizada por un tribunal no que non había ningunha persoa con experiencia e formación acreditadas na área de turismo, xa que as cinco persoas que formaron este tribunal son funcionarias e funcionarios do concello da Laracha con outro tipo de tarefas e con outra formación que nada teñen que ver con esta área. Consideramos desde o BNG que debera haber persoas con coñecementos específicos sobre turismo no tribunal, e que non se debera utilizar unha entrevista persoal para adoptar a decisión final da persoa a contratar. Adxúntanse as preguntas que levaremos ao próximo pleno e das que agardamos aclaracións por parte do Sr. Alcalde respecto deste proceso.

 

Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para a súa resposta no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación, as seguintes PREGUNTAS:

 

 

 

Recentemente celebrouse un proceso selectivo no concello da Laracha para a contratación laboral temporal dunha persoa como técnica/o de turismo, acolléndose o concello a unha convocatoria de subvencións da deputación da Coruña para este obxecto.

 

 

 

As bases aprobadas polo goberno municipal para este proceso selectivo indicaban que se realizaría mediante o procedemento de concurso de méritos, sen a realización de ningunha proba obxectiva de valoración de coñecementos. Tamén se indicaba nas bases a posibilidade de realización dunha entrevista curricular (no apartado 5º) optativa para o tribunal. O tribunal nomeado estivo formado por cinco persoas, todas elas funcionarias do concello da Laracha, sen que se incluíse no mesmo ningunha persoa con formación ou experiencia acreditada na área de turismo.

 

 

 

Desde o grupo municipal do BNG consideramos que no tribunal deberan incluirse persoas con coñecementos específicos na área de turismo, recorrendo a funcionarios ou funcionarias doutras administracións xa que neste concello carecemos dese perfil. A lexislación en materia de procesos selectivos indica como un dos principios fundamentais que deben cumprirse no nomeamento dos tribunais o de profesionalidade, o que significa que deben formar parte dos mesmos funcionarios ou funcionarias con tarefas relacionadas co posto de traballo a cubrir, e isto non se cumpriu neste caso.

 

 

 

Unha vez presentados os currículos das persoas aspirantes produciuse un empate entre dúas delas, optando o tribunal por realizar a entrevista a estas dúas aspirantes para o desempate e polo tanto a resolución definitiva de cal ía ser a persoa finalmente seleccionada para o posto de traballo. Nas bases indicábase que esa entrevista, optativa para o tribunal, estaría relacionada co posto de traballo a cubrir (sen máis especificación) e sería baremada cunha puntuación de 0 a 1 puntos. Na acta final deste proceso indícase que unha das aspirantes foi puntuada con 1 punto (a finalmente seleccionada) e a outra con 0,5, sen indicarse nada concreto respecto dos motivos ou os criterios para aplicar esta puntuación.

 

 

 

 

 

Por todo isto formulamos as seguintes PREGUNTAS:

 

 

 

Por qué motivo o goberno municipal decidiu non incluir no tribunal ningunha persoa con formación e experiencia acreditadas na área de turismo? Qué criterios concretos seguiu o tribunal á hora de baremar a entrevista ás dúas aspirantes empatadas no concurso de méritos? Qué méritos concretos levaron a adxudicar a unha delas 0,5 e á outra 1 punto na devandita entrevista, cuestión que foi decisiva para a resolución final do proceso?

 

 

 

 

 

 

 

A Laracha, 21 de xullo de 2017

 


 


 

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...