Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Parécenos unha moi mala noticia para o noso concello e, sobre todo para o medio rural, o peche dunha escola máis. Desde o BNG demandamos unha maior implicación da Xunta de Galiza e pedímoslle, por medio dunha PNL presentada no Parlamento Galego, que se comprometese na continuidade desta escola aínda que non chegase aos 6 alumnos matriculados para o vindeiro curso, pois entendemos que habería posibilidades para os cursos seguintes segundo os datos demográficos e consideramos que debería terse en conta a viabilidade futura e non só os datos dun curso escolar.

O Partido Popular votou en contra da iniciativa do BNG evitando comprometerse coa continuidade desta escola, e amosando dese xeito o seu nulo compromiso co medio rural -por moito que anuncien de xeito propagandístico investimentos para fixar poboación no rural-. Tamén o Partido Popular da Laracha evitou comprometerse e votou en contra dunha iniciativa que presentamos ao Pleno da Corporación, na que demandabamos do PP local que defendese ante a Xunta a viabilidade da escola e que asímesmo se implicase directamente na dotación de servizos complementarios para as escolas unitarias. Por desgraza, o desenlace final é o peche da escola A Revoltiña de Soandres, a desaparición dunha nova escola rural e polo tanto a eliminación de máis servizos no rural. Xa só queda no noso concello a escola unitaria de Montemaior, para a que agardamos un futuro mellor; coidémola entre tod@s. Unha mágoa!

Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...