A factoría de Altri gracias ao PP contaminará a atmosfera máis que todas as celulosas do Estado

Información
23 Mayo 2024 - Galicia - Correo electrónico - Imprimir - 5526 votos

 

  • O proxecto GAMA oculta a súa pegada de carbono, malia a aspirar a fondos PERTE para a descarbonización industrial.
  • Superará as emisións contaminantes de ENCE-Pontevedra e as dos oito complexos de fabricación de celulosa do Estado.
  • Greenfiber convertiríase na principal emisora estatal de óxidos de nitróxeno e de partículas PM10.

Santiago de Compostela, xoves 23 de maio 2024.- A análise da documentación do “Proxecto GAMA” non deixa de achegar datos preocupantes. Desta volta, dende ADEGA coa colaboracion do experto en contaminación atmosférica Ramón Varela Díaz, fixemos unha revisión comparativa das emisións á atmosfera declaradas no EIA (Estudo de Impacto Ambiental) da factoría de GREENFIBER en relación coas doutras plantas de celulosa. Os resultados, tanto cualitativa como cualitativamente, son moi reveladores: a factoría de ALTRI convertirase no principal foco contaminante a nivel estatal e mesmo europeo dentro do sector da fabricación de fibra de celulosa.Os datos foron presentados hoxe en rolda de prensa na que, ademais de Ramón Varela e Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA, tamén estivo presente Mónica Cea, da Plataforma Ulloa Viva, quen animou a participar masivamente na manifestación do vindeiro domingo, 26 de maio, para convertelo nun día histórico na defensa do territorio e fronte á macrocelulosa que, á vista da presente análise, se revela como a máis contaminante do Estado español.

Omisión da pegada de carbono e da maior parte dos contaminantes

As emisións directas nas celulosas de tecnoloxía Kraft xéranse principalmente en procesos de combustión e orixinan decenas de contaminantes. No EIA do proxecto ALTRI só se cuantifican emisións de 4 deles: partículas grandes (PM10, 252,5 t), óxidos de xofre (SOx, 577,58 t), óxidos de nitróxeno (NOx, 2.180,9 t) e compostos volátiles reducidos de xofre (TRS, 53,22 t). Xa que logo, nada se di nin se cuantifican as emisións das partículas finas PM2,5 (problemáticas para a saúde e o medio ambiente), nin de dióxido de carbono e monóxido de carbono, obviando que na queima de codia da madeira, restos de achas, licor negro e lamas de depuradora, tanto para a produción de vapor como para a xeración de electricidade, son focos importantes de emisións de CO2 e CO. Ignorar as emisións destes gases de efecto invernadoiro impide coñecer o balanzo da pegada de carbono do proxecto e debería ser suficiente para invalidar o Estudo de Impacto Ambiental. Porén, podemos estimar que as emisións en gases de efecto invernadoiro, principalmente CO2 estarán próximas ás 100.000 t/ano, se non son maiores. Outros contaminantes dos que ALTRI debería informar no EIA e tamén oculta son: Amoniaco (NH3), compostos orgánicos volátiles distintos do metano (COVNM), óxido nitroso (N2O), dioxinas e furanos (PCDD+PCDF), carbono orgánico total (COT), metano (CH4), mercurio (Hg), cadmio (Cd), zinc (Zn)… No proceso de funcionamento dunha celulosa tamén se xeran emisións difusas, principalmente de compostos de xofre e de nitróxeno e xofre reducido que son as causantes dos cheiros. Os olores típicos destas fábricas débense a estas emisións difusas, que ALTRI tampouco cuantifica, como sulfuro de hidróxeno (H2S), metil-mercaptano, sulfuro de dimetilo, disulfuro de dimetilo... polo que tampouco podemos valorar cal vai ser o seu impacto en termos de malos cheiros.

Emisións por riba das de ENCE-Pontevedra e do conxunto das celulosas do Estado

Da análise realizada por ADEGA, conclúese que a factoría de ALTRI-GREENALIA contaminaría a atmosfera máis que a macrocelulosa de ENCE en Pontevedra e, nalgunhas emisións, máis que todas as celulosas do Estado no seu conxunto. Atendendo aos datos das emisións anuais de ALTRI que figuran no EIA e no Informe de Sustentabilidade de ENCE-Pontevedra de 2023, a factoría proxectada en Palas de Rei emitiría máis que ENCE-Pontevedra en partículas, óxidos de nitróxeno e óxidos de xofre, chegando a multiplicar por 5,8 a emisión de partículas, por 3,96 a emisión de NOx e por 28,3 as emisións de SOx. Sorprende pois que unha celulosa de nova instalación, proxectada en 2023, vaia a contaminar máis que unha planta antiga, cando ademais ALTRI presume de que operará coas mellores técnicas dispoñibles


-Partículas PM10: ALTRI vai emitir 252,5 t/ano; ENCE-Pontevedra emite 43,5 t/ano. 
-Óxidos de nitróxeno, NOx: ALTRI emitirá 2.189,9 t/ano; ENCE-Pontevedra emite 550 t/ano. 
-Dióxido de xofre, SOx: ALTRI emitiría 577,6 t/ano; ENCE-Pontevedra 20,4 t/ano.Por outro lado, se comparamos os datos de emisións de ALTRI cos oito complexos de todo o Estado español (ver táboa) que teñen na fabricación de celulosa a súa principal actividade (3 en Euskadi, 1 en Aragón, 1 en Asturias, 1 en Castela-León, 1 en Cataluña, e 1 en Galiza), e acudindo ao Rexistro PRTR no que figuran datos validados de 22 substancias contaminantes emitidas, decatámonos de que ALTRI estaría moi por riba das emisións conxuntas das oito celulosas no caso de partículas PM10 (4 veces máis), óxidos de xofre (4,67 veces máis) e só lixeiramente por baixo das emisións totais de óxidos de nitróxeno. Mentres que as emisións no conxunto dos oito complexos do Estado son 2.531,58 t/ano para os óxidos de nitróxeno; 123,68 t/ano para óxidos de xofre e para partículas PM10, 63,0 t/ano; ALTRI pretende emitir 2.180,9 t/ano de óxidos de nitróxeno; 577,6 t/ano de óxidos de xofre e 252,5 t/ano de partículas PM10. Desde ADEGA preguntámonos como pode presentarse como descarbonizador e viable o proxecto de ALTRI, cando pretende superar as emisións contaminantes conxuntas das oito celulosas actualmente en funcionamento no Estado. E se comparamos as emisións de ALTRI coas emisións doutras industrias non celulósicas instaladas na Galiza (77 complexos para partículas, 128 complexos para NOx, e 120 fatorías para SOx, datos do rexistro PRTR), vemos que as emisións de ALTRI serían das máis altas das industrias de Galiza, pasando a ser a primeira emisora de óxidos de nitróxeno e de partículas PM10 e a cuarta de óxidos de xofre.

Grave perigo para a saúde e os ecosistemas

A macrocelulosa de ALTRI está chamada a producir enormes emisións de óxidos de nitróxeno e de xofre, partículas, metais, metais pesados, compostos orgánicos volátiles, etc.. Un cóctel contaminante que pode causar danos e impactos a curto, medio e longo prazo na saúde humana e no ambiente. Os compostos de nitróxeno, os de maiores emisións na factoría de ALTRI, asócianse con enfermidades respiratorias como o asma, e síntomas como tos, sibilancia ou dificultade para respirar. O dióxido de xofre irrita a pel, as mucosas e afecta aos pulmóns. En altas concentracións, poden causar inflamación do sistema respiratorio e empeorar os ataques de asma e as enfermidades cardiacas existentes. A emisión de partículas PM2,5, que nin tan sequera se citan no EIA, provocan problemas cardiacos, respiratorios, tumorais e neurolóxicos, entre outros. 


E para os ecosistemas, estes contaminantes primarios e os secundarios que se formen na atmosfera e hidrosfera incrementarán as choivas ácidas e reducirán a produtividade na agricultura, apicultura e gandería. Os efectos poderán atinxir dende a contorna mías próxima a ducias de quilómetros arredor do foco emisor. Á vista destes datos, ADEGA advirte de novo sobre as significativas deficiencias do EIA e a inviabilidade ambiental, técnica e legal do proxecto. A asociación ecoloxista esíxelle á Xunta e ao Ministerio que rexeiten sen fisuras o macrocomplexo de GREENFIBER en Palas de Rei, evitando danos sociais e ambientais que serían irreparables, non só en Galiza, senón no conxunto do Estado e de Europa.

social youtube xornalgalicia   feed-image

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

Aviso Importante

Debido al incremento de accesos y a las limitaciones de capacidad en nuestros diarios digitales, nos vemos obligados a retirar temporalmente la opción de descarga de archivos en formato PDF desde nuestra plataforma online.

Si algún lector desea obtener alguno de los ejemplares en PDF, puede solicitarlo enviando un correo electrónico a info@xornalgalicia.com. Estaremos encantados de atender su solicitud.

Agradecemos su comprensión y apoyo.

Atentamente,
El equipo de Xornal Galicia

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV