Información
Galicia

OS SOCIALISTAS ACUSA AO PP DE OBSTACULIZAR A LABOR DO CONSELLO DE CONTAS NA LOITA CONTRA A CORRUPCIÓN

Información
15 Marzo 2019 248 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Begoña Rodríguez Rumbo afirma que a “falta de determinación” do goberno galego e a “falta de persoal” na organización impiden que se realicen as funcións que ten asignadas

 

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 19. A portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Consello de Contas, Begoña Rodríguez Rumbo acusou esta mañá a Xunta de Galicia de obstaculizar a organización na súa labor de loita contra a corrupción ao impedir que esta desenvolva plenamente as funcións que ten asignadas debido a falta de persoal.

A deputada socialista afirmou tamén, na comparecencia do Conselleiro Maior do ente fiscalizador para presentar a o Plan anual de actividades do Consello de Contas de Galicia para 2019, que a “falta de determinación” do goberno galego e a “falta de persoal” na organización impide que o organismo realice o seu traballo.

A parlamentaria socialista referiuse tamén, en referencia a recente sinatura do protocolo de loita contra a corrupción entre Xunta e Consello de Contas, a que a pesares de que a sección de prevención da Corrupción foi aprobada na Lei 8/2015 e dicir, fai dous anos e medio, a falta de persoal está a “realentizar” a implantación efectiva das súas funcións.

Falta de persoal

A responsable socialista valorou positivamente o traballo que este ente e os seus  traballadores están a realizar, aínda que lamentou que este siga a ser “insuficiente” e que isto provoque que “informes de fiscalización moi importantes para Galicia”, como os da concesión do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ou os de construción e xestión das autovías financiadas mediante peaxe na sombra.

Ademais esta falla evidenciase en que no plan de traballo deste mesmo ano inclúense 10 informes correspondentes aos programas de 2018, 5 do 2017 e 1 do 2016.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600