Información
Galicia

Down Galicia esixe á Xunta Electoral que anule a última instrución sobre o voto das persoas con discapacidade

Información
14 Marzo 2019 142 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Coa implantación desta medida, os partidos políticos poderán cuestionar o voto das persoas con discapacidade que consideren que non exercen o seu dereito librementeCoa implantación desta medida, os partidos políticos poderán cuestionar o voto das persoas con discapacidade que consideren que non exercen o seu dereito librementeDelmiro Prieto, presidente de Down Galicia: “É intolerable que tras cada pequeno avance haxa un retroceso de varios anos na situación das persoas con discapacidade”Esta reclamación súmase á presentada onte polo Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI)


Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2019. A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia) expresou hoxe a súa indignación ante a última instrución da Xunta Electoral Central, que permitirá a determinados membros de formacións políticas cuestionar nas mesas electorais as condicións do voto das persoas con discapacidade que consideren que non exercen o seu dereito libremente.Esta medida, publicada onte no Boletín Oficial del Estado, é unha das directrices que a Xunta Electoral Central considera necesarias tralas modificacións da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), que garante o dereito ao voto de todas as persoas con discapacidade desde a súa entrada en vigor o pasado mes de decembro de 2018.Esta reforma, que se aplicará por vez primeira nas eleccións xerais do vindeiro 28 de abril, permitiu incluír no censo electoral a 100.000 persoas con discapacidade intelectual que tiñan retirado este dereito por orde xudicial.Deste xeito, a Xunta Electoral Central atribúe a publicación destas medidas aos posibles problemas interpretativos que poden xurdir trala redacción da modificación da LOREG, que sinala que o dereito a sufraxio activo debe exercerse de forma “consciente, libre e voluntariamente”, considerando necesario clarificar este punto e fixar un criterio que poidan seguir os diferentes suxeitos afectados.Así, a disposición segunda desta instrución indica que, aínda que as mesas electorais deberán admitir o voto de calquera persoa con aparente discapacidade que se atope inscrita no censo electoral, no caso de que algún interventor ou apoderado dalgún partido político considere que o voto desa persoa non é exercido de forma consciente, libre e voluntaria, poderá facelo constar na acta da sesión identificando o número do DNI correspondente á persoa en cuestión.Finalmente, o texto empraza ás xuntas electorais a “velar polo correcto cumprimento desta modificación legal e do establecido na instrución, adoptando as medidas pertinentes para garantir que o voto das persoas con discapacidade poida exercerse de forma consciente, libre e voluntaria”.Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, considera esta medida “intolerable”, xa que “as persoas con discapacidade verán cuestionada, unha vez máis, a súa capacidade de decisión”. Prieto indica que “é incrible que, por cada pequeno avance na consecución dos dereitos das persoas con discapacidade, haxa un retroceso de varios anos na súa situación”.Á vista destas últimas medidas, a Federación Down Galicia quere denunciar, unha vez máis, a persecución á que están sometidas as persoas con discapacidade en xeral, ás que se lles presupón unha menor capacidade inherente á súa discapacidade e, neste caso concreto, se lles coloca nunha clara situación de desvantaxe á hora de exercer o seu dereito fundamental a voto.A reclamación da Federación Down Galicia súmase á presentada onte polo Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI), que tamén solicitou á Xunta Electoral Central que anule con carácter inmediato esta instrución.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600