Información
Galicia

Denuncian que o Goberno de Feijóo dende que entrou na Xunta leva 11 anos sen actuar a prol do Campus do Mar na ETEA

Información
13 Marzo 2019 368 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Xerencia de Urbanismo dará o visto bo ao informe remitido polos técnicos de urbanismo coas observacións á tramitación ambiental estratéxica de dúas parcelas do Campus do Mar da ETEA. 

A Xerencia de Urbanismo dará aprobación ao informe remitido polos técnicos de desenvolvemento urbanístico no proceso de elaboración do proxecto sectorial PS-1 da área de vías, espazos libres e infraestruturas e do PS-6 da Área de usos complementarios previstos no Plan Sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA en Vigo. 



Nestes momentos, está aberto o período de consultas previas no proceso de tramitación ambiental estratéxica dos proxectos sectoriais PS1 e PS6 do Campus do Mar e o Concello realizou varias observacións á proposta remitida pola Xunta de Galicia. 

Tal e como explicou Abel Caballero, en primeiro lugar, Vigo propón que se trate de conservar o tipo de materiais que ten a parcela que constitúe o conxunto da ETEA, cando a Xunta propón o uso de novos materiais. En segundo lugar, o rexedor apuntou que a Xunta propón a substitución dalgunhas edificacións da parcela para construír outras novas, considerando que deben xustificar por que sosteñen que non son válidas as actuais e deben ser suplidas. En terceiro lugar, a Xunta propón a disposición de prazas de aparcamento en superficie, mentres que na zona deportiva xa estaba previsto un estacionamento soterrado, polo que o alcalde apuntou que debe resolverse "mellor, para non deixar a zona en peores condicións estéticas". 

Con todo, para Caballero o máis sorprendente desta tramitación é que Convenio da ETEA data do ano 2008 e "nos últimos 11 anos a Xunta de Galicia non fixo nada, non tomou ningunha decisión e inicia unha tramitación máis burocrática que real". Engadiu que, ata o momento, foi Zona Franca quen "achegou 5,5 millóns de euros para comprar un edificio e cederllo á Universidade de Vigo", polo tanto, "as achegas financeiras fainas Vigo e non a Xunta de Galicia que parece que paralizou o grande proxecto do Campus do Mar na ETEA".

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600