Información
Galicia

A pobreza ten cara de muller

Información
22 Febrero 2019 134 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

foto pensionsAs mulleres do Movemento Galego en Defensa das pensións públicas , pertencentes a  Coordinadora Estatal en Defensa del Sistema Público de Pensións ( COESPE), dan a coñecer o Informe “A pobreza ten cara de muller”, informe-reivindicación que será presentado aos diferentes partidos políticos mediante o seu rexistro en diferentes institucións tanto locais, como autonómicas, como estatais.As mulleres do Movemento Galego en Defensa das pensións públicas , pertencentes a  Coordinadora Estatal en Defensa del Sistema Público de Pensións ( COESPE), dan a coñecer o Informe “A pobreza ten cara de muller”, informe-reivindicación que será presentado aos diferentes partidos políticos mediante o seu rexistro en diferentes institucións tanto locais, como autonómicas, como estatais.

Reinvindicamos que estando no século XXI,  os recortes en sanidade, servizos sociais, educación, e dependencia que levan a cabo os diferentes gobernos, non poden seguir recaendo nas costas das mulleres.As mulleres seguimos realizando as tarefas domésticas e senón os sustituimos pola contratación do servizo doméstico que tamén se leva a cabo por un 95% mulleres, e que como traballadoras se nos nega o recoñecemento do traballo no Estatuto dos Traballadores e na Constitucion Española, desoíndose así tamén o art    da OIT.Levamos a  cabo as tarefas de coidados e de conciliación, facéndonos cargo de todas esas responsabilidades para cubrir as necesidades básicas da vida, renunciando a vidas laborais longas, a proxectos e desexos profesionais. Mudamos o noso ben polo ben dos que coidamos e criamos,  e logo eses gobernos que deberían recoñecer o noso traballo desenrolado, penalízanos castigándonos coas prestacións máis baixas do sistema, levándonos a unha precarización crecente. Soamente podemos acceder a un mercado laboral  precarizado de contratos basura, temporalidade, xornadas parciais e mal pagados, a fenda salarial xa se sitúa nun 23% por igual traballo, traballando  “gratuitamente” 54 días ao ano .Ésta situación non só nos repercute no presente senón que nos persigue o resto da nosa vida, se cotizamos pouco e mal , non temos dereitos a prestacións ( desemprego, subsidios) e si accedemos a eles son por cuantías de subsistencia, a medida que vamos madurando as prestacións de incapacidade e xubilación as que podemos acceder dinnos que teñen na actualidade unha fenda dun 35.97%.
Na actualidade  mais de 1.5 millóns de mulleres en España perciben pensións por baixo dos 500 euros, sendo Galiza a penúltima, pola cola, comunicade con maior pobreza feminina. Un millón de mulleres de máis de 65 anos carecen de pensión e viven das migaxas das pensións dos seus maridos. Tres de cada catro mulleres só poden acceder a unha pensión non contributiva. Aínda que vivimos unha media de 5 anos máis que os homes, o facemos en peores condicións de saude e con maiores posibilidades de acabar coma dependentes, pero imposibilitadas a hora de acceder a centros de maiores ou a medicamentos sanitarios gratuitos, levándonos así a vivir soas, sen atención e nuns niveis de pobreza moi considerables. BASTA XAEsto tamén é desigualdade, esto tamén é violencia, esta é a VIOLENCIA ECONÓMICA que o sistema fai recaer sobre as mulleres.  Por elo todas as mulleres, pertencentes a Coordinadora Estatal en defensa das pensións, faremos oir a nosa voz éstos días ata o 8 de Marzo, informando en mesas informativas, charlas–debate, onde daremos a coñecer a situación que vivimos e as saídas que se deben levar a cabo, para que a incorporación da muller o mercado laboral sexa xusta e igualitaria, e que a vellez ou a invalidez non se convirtan nunha situación de precarización e pobreza.
É o Estado o que ten a responsabilidade de garantir o dereito para coidar, ser coidado e  autocuidarse a través de políticas específicas.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

"Ourense convértese nestes días na capital nacional das ciencias...

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

lineaazul 1600