Información
Galicia

GALICIA DI NON A FEIJÓO E Á SÚA POLÍTICA SANITARIA.

Información
10 Febrero 2019 140 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

movilizacionmultimasivacontrafeijooesuaspoliticasantisociaisO secretario xeral censura que o presidente preferise “poñerse a disposición de Casado e os seus pactos coa ultradereita” no canto de escoitar o clamor da rúa en Galicia

 

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, secundou hoxe unha nova mobilización nas rúas con motivo do “retroceso” que o PP desde a Xunta está inflixindo á sanidade pública.

“Os galegos e as galegas dicimos non a Feijóo e á súa política sanitaria”, remarcou o líder do PSdeG, quen reprobou que Feijóo optase por “poñerse a disposición de Casado e dos seus pactos coa ultradereita” acudindo á manifestación de Madrid no canto de “atender as necesidades de Galicia”.

Como sinalou Gonzalo Caballero, a cidadanía de Galicia está pedindo á Xunta “unha sanidade pública, gratuíta e de calidade”, así como a fin da “privatización” e do “deterioro” que está sufrindo o sistema sanitario, que se suma á “precarización laboral” dos seus profesionais.

“Hai que cambiar a política sanitaria do PP”, incidiu o máximo representante do PSdeG, quen observou como Feijóo está sendo “censurado” polas súas “políticas fracasadas” no eido da sanidade pública.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...