Información
Galicia

O PP ESTÁ A CONVERTER A SANIDADE PÚBLICA NUN NEGOCIO PRIVADO Á COSTA DA SAÚDE DAS GALEGAS

Información
09 Febrero 2019 185 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O orzamento do Servizo Galego de Saúde reducíuse nun 15% desde que Feijóo é presidente

A, privatización encuberta da sanidade ten provocado un gravísimo deterioro dos servizos asistenciais

Podemos Galicia chama á cidadanía a participar na mobilización do domingo en Compostela para defender un dereito fundamental e unha das principais ferramentas de cohesión social.

O SECRETARIO XERAL DE PODEMOS GALICIA, ANTÓN GÓMEZ REINO, FARÁ DECLARACIÓNS AOS MEDIOS AO COMEZO DA MARCHA

 

Vigo, 8 de febreiro de 2019.- As políticas en materia de sanidade postas en marcha polo goberno de Núñez Feijóo supuxeron unha redución no orzamento do Servizo Galego de Saúde de máis dun 15% nos últimos dez anos, nunha aposta do Partido Popular pola externalización de servizos estratéxicos que ven de provocar un gravísimo deterioro na calidade asistencial. Ese modelo encobre, na práctica, a consolidación da privatización da sanidade galega. Unha situación intolerable que leva anos sendo denunciada polas asociacións de usuarios da sanidade e polos profesionais sanitarios, polos sindicatos e polos partidos políticos da oposición, e que terá unha nova mostra de rexeitamento cidadá na manifestación convocada para este domingo en Compostela por SOS Sanidade Pública.

A propagación deste modelo imposto polo goberno de Feijóo pon un servizo público esencial en mans privadas, convertendo a saúde nun negocio onde o interese público queda relegado pola xeración de beneficios á costa da saúde das galegas. Na práctica, ademais, permite que grandes empresas extorsionen aos contribuíntes mediante ameazas de suspensión de pagos coas que renegociar contratos asinados hai apenas tres anos, como foi o caso do hospital Povisa de Vigo hai só uns meses. O modelo privado tamén amosou a súa ineficacia en sectores como o das ambulancias, onde ás ofertas á baixa nos concursos públicos levaron ás profesionais a unha situación laboral intolerable.

Esta estratexia privatizadora repercute directa e negativamente sobre a calidade da sanidade no país. Así o pon de manifesto o XV Informe Sobre os Servizos Sanitarios das CC.AA.(2018) elaborado pola Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP), no que Galicia se sitúa entre as comunidades con peores servizos sanitarios, logo de caer tres postos dende a observación anterior da Federación.

O presuposto da sanidade pública galega para este ano é de 3.782 millóns de euros, é dicir un 8% menos –alrededor de 300 millóns- que no 2009, aplicando a corrección do índice de prezos ao consumo. O recorte a partida orzamentaria dedicada a persoal nun 21% na última década ten convertido a precariedade laboral dos profesionais sanitarios na norma imperante no sistema galego de saúde. A precarización é manifesta nas consultas de atención primaria, onde cada profesional atende entre trinta e sesenta pacientes diarios, o que supón unha media de dez minutos por doente. Un tempo incompatíbel cunha atención de calidade.

O deterioro é especialmente sanguento nos Puntos de Atención Continuada (PAC), onde a falta de persoal e recursos adecuados ten dramáticas consecuencias, como a morte de doentes que acuden a eles sen que ninguén poida atendelos. A gravidade da situación levou ao persoal a mobilizacións que se estenden xa por varios meses sen que se teñan producido avances por parte do Servizo Galego de Saúde.

A deputada de Podemos Galicia no Parlamento Galego, Paula Quinteiro –enfermeira de profesión–, recordou hai uns días en Vigo que “a política de contratacións do Sergas leva anos poñendo ás profesionais da sanidade nunha situación inhumana, condenadas a vivir permanentemente pendentes do móbil para ver se terán traballo ao mes seguinte”. Para a deputada “é evidente” que esta política laboral repercute na calidade da atención”.

Pola súa banda, a responsable da Área de Sanidade de Podemos Galicia, Isabel Varela, subliña o “inmenso sacrificio que están a facer os profesionais da saúde pública para manter a mínima calidade na atención ás persoas”, e considera que sen eles “a situación hai tempo que sería máis dramática”. Malia a súa profesionalidade, advirte, “hai tempo xa que están desbordados e a Xunta parece non querer enterarse”.

Podemos Galicia considera preciso un cambio de rumbo urxente na política sanitaria do goberno Feijóo, comezando pola recuperación dos investimentos recortados nos últimos anos nas partidas dedicadas á sanidade pública. Do mesmo xeito, debe producirse a incorporación urxente de persoal na atención primaria que alivie a carga de traballo dos profesionais e lles permita desenvolver unha vida normal. Igualmente, deben reverterse as concesións dos hospitais baixo modelos de colaboración público-privada e recuperar os investimentos en políticas de prevención sanitaria, cuxa eficacia e eficiencia son tales que o seu abandono por parte do PP de Feijóo só pode lerse como unha intención de favorecer o negocio privado no que está a converter o sistema galego de saúde.

Por todo isto, Podemos Galicia fai un chamamento a toda a sociedade galega a participar na mobilización convocada por SOS Sanidade Pública que partirá este domingo ás doce do mediodía da Alameda de Compostela. Agora máis ca nunca, é preciso que amosemos aos profesionais que coidan da nosa saúde que estamos con eles e que non estamos dispostos a que as nosas vidas se convertan en apuntes nas contas de beneficios de grandes empresas.

O SECRETARIO XERAL DE PODEMOS GALICIA, ANTÓN GÓMEZ REINO, FARÁ DECLARACIÓNS AOS MEDIOS AO COMEZO DA MARCHA

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...